Pobreza energética
Vigo morre e nace

"Bos días, alcalde, quería comentarlle unha cousiña: eu vivo aquí, nesta rúa pequena do Calvario, e as lámpadas dos farois sempre se funden, e pola noite, xa sabe. Poderían arranxalas?". "Mañana mismo", contesta o alcalde, Abel Caballero.

11 ene 2018 11:24

Privilexiada a vista dos traballadores: as bateas, os pobos mariñeiros, os montes, a comida, todo iso para eles é o pan de cada día. Están na Ponte de Rande, e a xente sae e entra na cidade de Vigo mentres eles pasan o día nunha obra absurda, de 10 a 12 horas. Tamén as noites en que non hai estrelas. O ano novo comezou con néboa e moita choiva. Audasa, a empresa concesionaria, está a apertar. O ano novo tamén comezou cunha subida do 3,81% do prezo da peaxe, motivo das apresuradas obras. O 05 de xullo o traballador Nicolás caeu, e morreu. A empresa non dubidou en afirmar que a morte de Nicolás fora intencionada. Chove tanto que a noite que comezaba o 16 de outubro todo ardeu, e nin as gaivotas quedaron.

Desde as praias de Cangas esténdense ante a vista esas construcións que foron colonizando a outra ribeira e que recibiron o nome de Vigo. Vigo apenas ten idade, as xeracións maiores lembran ese repentino crecemento dun pobo mariñeiro que nunca deixou de mirar ao Atlántico: cando o estaleiro Hijos de J. Barreras fabricou o seu primeiro sardiñeiro de vapor «tipo Vigo» as embarcacións de vela, de súpeto e sen avisar, foron pasto da historia. Pronto os estaleiros reclamaron a máis e máis mozos, levantáronse barrios enteiros ao carón do ampliado porto. Vigo é unha cidade construída sobre a marcha. A dársena de Guixar, o peirao do Berbés, o tranvía de Urzáiz que convivía co campo... tamén o peirao de transatlánticos. "Cando eu era moza o porto só era de ida", di Carmen. Ás Américas. Éche o que hai, reza a cultura que mira a natureza inamovible, que, fronte a calquera desexo, sempre choverá. A final de contas, o evento histórico máis importante sucedeu debaixo da ponte, cando os ingleses perseguiron e afundiron no medio da ría os tesouros coloniais. A batalla de Rande. Daquilo quedan historias máis próximas á fábula que ao xornalismo. "Alí estaba o canón, no medio da praia... Era dun dos barcos afundidos". Galicia, o país das 30.000 aldeas, hai tempo que mudou de pel.

Humanizacións

As luces de Nadal brillan por toda a cidade, a razón de 630.000 mil euros de gasto en iluminación. Vigo, un concello que o ano pasado tivo un superávit de 20 millóns de euros, pódello permitir. Abel Caballero, o home que regresou á primeira liña política cal alcalde salvador, pasea orgulloso pola cidade. Nas eleccións xerais o PSOE conseguiu un 22% dos votos. Nas municipais, o 52%. A cidade está máis bonita, humanizacións, chámao. Abel, en realidade, nunca deixa de camiñar, chova ou non. Os veciños veno, párano e pregúntanlle. Se queda algún atrasado, pode chamar ao seu programa Vigo de cerca. As lámpadas non funcionan? Arránxanse. Os nenos non teñen medallas? Encárganse. Esa mesa está en mal estado? Cámbiase. "En Vigo se soluciona todo», aseverou o alcalde. Abel, que chegou a ser ministro con 38 anos, fai 33, non deixou de aprender política.

Pero non todas as persoas que camiñan baixo esas luces teñen as necesidades básicas cubertas. Iso afirma a Acampada contra a Pobreza, que fai dez meses decidiu acampar na Praza do Rei e ser un manchón na propia porta do Concello, ante a negativa deste de recibilos -máis aló dalgunha visita desagradable dos GOA, unha sorte de UIP policial do concello. Un 21% dos vigueses atópase en risco de exclusión, máis que noutras cidades galegas. "Vigo é a cidade con máis gasto social", dixo Caballero. Pero, acorde á Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, iso non é así. Vigo gasta 42,43 euros por persoa ao ano en investimento social, o que definen como precario. A media supera os 60 euros, e as cidades estrela chegan aos 100.

Paco é unha das persoas que están acampadas. Tras un divorcio e un despedimento no seu posto de traballo, sabe o que é atoparse, sen avisar, sen vivenda. Ser un ninguén. Non te preocupes, podería pensar, "a miña oficina é a oficina antidesafiuzameto", asegurou Caballero. Pero a solución para Paco non chegou a través do Concello nin de ningunha institución. A RISGA, axuda de subsistencia xestionada por Xunta e Concello acumula atrasos de, mínimo, medio ano desde a súa solicitude. Paco tirou de contactos e, cando conseguiu outro traballo, a súa vida puido reestabilizarse. Non todos os que coñece correron a mesma sorte. Que facer canto te chaman, en pleno inverno, porque non hai sitio no albergue? Unha das grandes preguntas do colectivo Os Ninguéns. O principal obxectivo da Acampada é visibilizar a pobreza e ofrecer solucións para paliala. Xa presentaron dous plans de emerxencia, desatendidos pola Xunta e polo Concello. "Se vou a un hospital, van curarme, non a xulgar se abrín a cabeza por ir borracho ou polo que fose. A pobreza, con todo, xúlgaa. Cando quedei na rúa, os que foran os meus veciños preguntáronme se me daba ás drogas. Non as probei nunca". Divorcio, despedimento, rúa. Así de fácil.

En Vigo tan só hai un albergue con 38 prazas para persoas sen teito. A estancia non pode ser maior ás dez noites. Moitos non van porque saben que terán que volver ao seu lugar na rúa, e onde deixar as cousas? Algúns pídenlles a un bar que as garde. Outros cargan as súas pertenzas sempre a rastro. A pesar de que o orzamento que manexa a Cruz Vermella -organización que conseguiu a adxudicación- non é escaso, de algo menos dun millón de euros; a pesar diso, os 30 traballadores demandaron colectivamente á institución por non aplicar o convenio laboral. Este albergue, que debía ser un centro de inserción social, adoece dun equipo multidisciplinario. Faltan orientadores, psicólogos, educadores sociais. "Que van facer desde a mañá, que botan os sen teito dos sitios onde dormen, ata a noite?", pregúntase Paco. "Onde van ir?". Eu bebería.

Tras dez noites de comida quente e ducha, o ciclo da pobreza perpetúase. "Somos compañeiros". Sen teito, prostitutas, excarcerados, educadores sociais, profesores, activistas, desafiuzados, veciños... Os ninguéns, que custan menos que a bala que os mata, versaba Eduardo Galeano. Os Ninguéns tamén é a plataforma viguesa en que se organizan. Carla é unha das promotoras: "De maneira horizontal, en igualdade, tentamos empoderarnos, quen vai saber mellor as demandas que os propios afectados?". O traballo dos Ninguéns divídese no activismo («apostando pola unidade popular»), socioeducativo (charlas, talleres...), institucional (informes, peticións, reunións...) e de contradiscurso. 2500 persoas cobran a RISGA en Vigo. "Non hai unha rede institucional nin mecanismos", afirma Carla. "Consideramos Vigo un concello rico", comenta Carla. "Non pedimos que se gaste un euro que non ten", dixera Paco na Acampada.

"Los que duermen en la calle es porque no quieren ir a albergues", afirma o Alcalde.

As persoas que morreron por frío ninguén as lembra. O ano novo abriu con néboa e choivas.

Estaleiros

Centros, periferias, parroquias. Cada cidade de Galiza é un mundo, pero estes tres elementos están sempre fundidos dunha ou outra maneira. Son un. Unha marquesiña no medio da nada deseñada polo prestixioso arquitecto Norman Foster... O mundo de Vigo é esa marquesiña no medio da nada. E é que a morfoloxía das cidades, nacidas cos burgos medievais, convive en Galiza co arraigamento dos comúns, bens tales como o monte comunal de Porto Cabral que se pretende expropiar para crear un macrocomplexo. As supermazás, enormes rúas que articulan barrios enteiros, conviven a esquerda e dereita con leiras e outros terreos cultivables ou non edificados. Iago, do colectivo Ergoesfera afincado na Coruña, laméntase. «Non soubemos ler o noso territorio. Mentres o mundo se pregunta por como integrar a cidade na contorna, nós tivémolo diante, sen estudos, traballos, nin políticas». Vigo é unha cidade que aínda non ten nome.

Vigo morre e nace_2

Aos seus catorce anos Enrique viu como o seu estaleiro botaba ao mar o Mar de Labrador, o primeiro barco conxelador, construído para Casa Mar. Foi un acontecemento similar ao primeiro barco de vapor que sucou a ría. Supuxo unha nova reindustrialización da frota pesqueira, de traballar o bacallau pasouse á pescada austral. Javier Sensat, propietario de Casa Mar, chegou a empregar a 2400 persoas. Carmen levaba demasiado peso nos brazos no que xa era o seu segundo embarazo. Podería ter un aborto, díxolle o médico. Terminou traballando no mercado, recollendo o peixe que traían os buques, entre outros, de Casa Mar. Así foi ata que chegou a reconversión industrial.

O traballo

O polígono de Balaídos construíuse ao carón da fábrica de Citroën, en 1957. A cidade que miraba ao Atlántico era unha boa praza, o mar ofrecía grandes rutas de distribución para os coches que fabricaban. Dez anos antes decretábase a creación da Zona Franca de Vigo, espazo libre de aranceis, terceiro en España. Co tempo, Citroën chegou a ter 10.000 traballadores, mentres patrocinaba o símbolo da cidade, o Celta. Non tiñan nin que moverse, Balaídos está alén da rúa. Todo cambiou coa entrada na Unión Europea. Esta consideraba as zonas francas como lugares de paso, non industriais. Eran os tempos en que Corea do Sur e outros países facían a competencia. Froito da historia, Felipe González decretou a reconversión industrial.

Os estaleiros, con escasa axuda, protagonizaran unha dura folga contra o franquismo en 1972. Á folga de 1977 uiuse o resto da cidade. Nos 80, dos miles de mozos que investiron a súa mocidade nas décadas pasadas, só quedaban persoais reducidos e avellentados. Finalmente, a mesma historia volveuse repetir, o porto volveu ser de ida. "Algúns partían a Australia", di Enrique. "Outros, a talleres máis pequenos. O resto, ao paro". O modelo que implantaron os estaleiros, e que provocara o crecemento descontrolado de Vigo, terminara. Pero cando algo termina, o anterior non volve. En 1988, Enrique tivo que deixar Barreras para sempre; atopou traballo na súa comunidade de veciños. Carmen seguía traballando no mercado desde saír da xastraría. Era a última do seu persoal. De 23, só quedaba ela. Ata que tivo problemas no brazo, de tanto traballar. A pesar de non chegar á idade suficiente, xa traballara moito tempo. Perdería parte da pensión gañada desde os 13 anos, pero esperáballe unha feliz xubilación. "Nós fixémolo todo traballando".

Patricia criou un fillo soa, e para iso traballou en Citroën ou limpando casas. Colocou cintos en cada coche da cadea de produción durante ano e medio. Pero o Citroën dos 10.000 traballadores xa non existe; tampouco é tempo de contratos fixos. Chamárona outra vez, colocarpicaportes durante trece meses máis. Sería a última. Con todo, a cadea de produción pola que dan os seus primeiros pasos os coches, nunca para. Ao contrario, acelérase e os traballadores teñen que poñer os cintos e os picaportes en, cada vez, menos tempo. Rubens é un migrante uruguaio. Levántase todos os días ás 04:30 da mañá. Ten unha hora para ir ata a súa empresa, no polígono de Balaídos. Encárgase da reposición de gasolina. Hai anos, cando chegaba un dos grandes buques, todo o persoal se poñía á disposición do mesmo barco. Todo o persoal, durante todo o día. Pero xa hai tempo que chegou o último. Rubens está feliz, tal vez o fagan fixo. Polo menos, parece estable. Non ten nada máis.

Os terreos de Casa Mar atópanse preto. Abandonados en 1991, hoxe son reutilizados por algúns dos ninguén que quedaron fóra dos estaleiros, de Citroën, da empresa de reposición de gasolina, do albergue e da protección social.

Coia

Cando se construíu en 1944 o arrastreiro Bernardo Alfageme non estaba planeado que pasase á historia, pero esta é caprichosa. Corenta e catro anos foron os suficientes para botar a áncora, e en 1988 o pequeno arrastreiro foi doado ao Concello. Durante ese tempo, a moza Coia vivía os efectos máis duros das drogas. Ao barco non lle foi moito mellor, caído nun despezamento. Varias protestas atrasaron a súa definitiva morte. Ata que en 2014 o alcalde Abel atopou unha solución: sacouno dos estaleiros de Barreras -empresa que sobreviviu tras unha quebra, nacionalización e posterior privatización- e decidiu poñelo no medio dunha das rotondas da supermazá de Coia a razón dun millón de euros segundo La Voz de Galicia. Vigo ten superávit. Os veciños opuxéronse.

Hai un ano, os veciños de Coia encerrábanse na igrexa do Cristo da Vitoria, coñecida pola súa loita polos desfavorecidos. Hai un ano, segundo a fiscalía non había probas pero o Concello mantiña o seu parecer. Hai un ano, a policía retiraba a denuncia contra Diego por lesións. Hai un ano e agora, a loita continúa, dentro e fóra da igrexa.

Cando o Alfageme ía ser colocado na supermazá, os marxinais e violentos -en palabras do Concello- levaban na rotonda o suficiente tempo como para que o barco se convertese nun símbolo. Os GOA despregaron un forte dispositivo, e o barco mudou nun adorno xunto ás luces de nadal. "Eramos persoas moi diferentes, loitando contra o Vigo de cartón pedra, o Vigo para turistas e só sector servizos", afirma Diego. "O modelo de cidade de Abel estende esmolas no canto de dereitos". Rubens, o urugaio, sorpréndese cando os seus compañeiros que non compran produtos cataláns si apoian os veciños de Coia, os traballadores de Rande e outros conflitos sindicais ou veciñais. Diego, pola súa banda, nado e criado en Coia, despois de todas as loitas, descubriu, hai relativamente pouco, unha cousa importante: Coia existía antes de facerse o polígono. Antes do Vigo que coñecemos.

Apenas se lembra a parroquia orixinaria. "Rachosue coas dinámicas de vida anteriores. A xente que o lembra faino con sufrimento. O mesmo pasaba para os que viñan do interior. Na medida do posible, a xente mantén ese arraigamento, van á aldea as fins de semana. Coia publicitouse entón como un barrio residencial, pero non había sumidoiros nin servizos adecuados. Só mediante as reivindicacións posteriores seconseguiron. Nós somos, en certa medida, herdeiros dese tecido comunitario que se estableceu no barrio", conta Diego.

A final de contas, Vigo é unha cidade traballadora. O 16 de outubro Vigo ardeu. Pero o 3 de setembro, 200.000 persoas saíron á rúa contra a construción do hospital Álvaro Cunqueiro. O alcalde, Abel Caballero, formaba parte xunto á pancarta que avisaba dunha futurible privatización do laboratorio.

Por desgraza, os ninguén non dan rédito político. Vigo, a cidade onde non hai desafiuzamentos pero onde houbo cincocentos o ano pasado.Onde queren desafiuzar a Paula despois de que dea a luz. Onde irá a PAH Vigo-Tui para paralo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Pobreza energética
Derecho a la energía Una coalición social pide al Gobierno que convierta en permanente la moratoria de cortes de suministros
Más de 50 organizaciones demandan al Gobierno que prohíba los cortes de luz, agua y gas a las familias vulnerables y que aplique el principio de precaución que obliga a las compañías contactar con servicios sociales antes de cortar los suministros.
Pobreza energética
Pobreza energética Cañada Real: cuarto invierno sin luz y un corto que lo refleja
El pasado sábado 13 de enero, el corto documental ‘Aunque es de noche’, candidato a los premios Goya, se estrenó en La Cañada Real, el barrio donde fue rodado, cuyos vecinos resisten ante su cuarto invierno sin electricidad.
Cortes de Luz
Cortes de luz en Andalucía Miedo, incertidumbre e impotencia; Zona Norte en Granada sigue con cortes de luz
Las plataformas de personas afectadas por carencia de suministro eléctrico en Granada, Sevilla y Almería muestran impotencia y hartazgo por los cortes de luz ante la inacción de instituciones y Endesa.
#6419
13/1/2018 14:08

Abel Caballero, alimaña neo-liberal.

1
0
#6409
13/1/2018 12:29

Moi bo

0
0
#6391
12/1/2018 22:46

Moi bo

0
0
#6347
12/1/2018 15:45

Buuh

0
3
Catalunya
Catalunya La Ley de Amnistía echa a andar: más de 55 requerimientos presentados y hasta diez días para responderlos
Las partes —fiscalías, acusaciones y defensas— deberán dar respuesta a la norma, valorando si el caso se ubica dentro o fuera. El primer meollo se ubica en los ministerios públicos, por lo que el fiscal general del Estado ha solicitado neutralidad.
Fronteras
Informe Caminando Fronteras Cinco mil vidas perdidas intentando llegar a España: récord de letalidad en las fronteras
Los acuerdos bilaterales centrados en el control migratorio sin dedicar esfuerzos a protocolos de búsqueda y salvamento explicarían el incremento de las muertes en estos primeros cinco meses de 2024, según Caminando Fronteras.
Costas
Costas Las Banderas Negras 2024 ponen el foco en la urbanización del litoral y la sobreexplotación turística
Las federaciones de Ecologistas en Acción otorgan cada año 48 “premios” por mala gestión ambiental y contaminación, galardones que este año se han centrado en los excesos del modelo turístico al calor de la movilizaciones en Baleares y Canarias.
Análisis
Análisis La ultraderecha quiere retirar la nacionalidad a españoles de origen extranjero y prohibir regularizar
Del PSOE y el PP depende votar en contra de la enmienda de VOX y acelerar el trámite parlamentario para que se debata y apruebe la ILP Regularización Ya dentro del plazo parlamentario.
Opinión
Tribuna El odio pasará y caerán los dictadores
Observando desde Chaplin y su Gran dictador el avance en Europa de los viejos monstruos que nunca se fueron.
Genocidio
Ejército israelí “Tengo miedo de lo que le puedan mandar hacer en Gaza”
La división israelí entre quienes quieren un alto el fuego y quienes optan por la continuación de la guerra “hasta la victoria final” está también presente entre las madres de los soldados israelíes.
Partidos políticos
Partidos políticos Díaz se postula para seguir haciendo “política de la buena” y no se borra de candidata a las generales
La vicepresidenta tercera del Gobierno asegura que “no se va” del espacio político de Sumar. Izquierda Unida llama a un frente amplio y su coordinador cree que hay que superar el personalismo de Díaz para abrir una nueva etapa.
Francia
Francia El último bandazo del temerario Macron reactiva la unidad de la izquierda
Tras el batacazo en las europeas, el presidente francés abre las puertas a un Gobierno ultra convocando elecciones legislativas anticipadas. Un escenario que empuja a los partidos de izquierdas a reanudar su coalición unitaria.

Últimas

Comunidad El Salto
Comunidad El Salto Las cuentas de El Salto 2023-2024: cada vez más, un gran medio financiado por la gente
El Salto supera el millón de euros anuales de ingresos y aumenta su plantilla hasta llegar a las 28 personas empleadas. Todo eso con criterios éticos de financiación, funcionamiento horizontal y una cooperativa de propiedad colectiva.
Opinión
Opinión Una hipocresía sin límites
¿Cómo se logra instalar el discurso del genocida? ¿Cómo se puede creer en la falacia de que el colonizador se defiende del colonizado?
El Salto Twitch
El Salto TV La Catana 2x07: Vacaciones y turistificación con Califato 3/4
Volvemos a mezclar música con comunicación, esta vez con olor a verano. El día del lanzamiento de “No Me Daba Cuenta”, Califato 3/4 atiende a La Catana para hablar sobre el impacto del turismo en su tierra, Andalucía.
Más noticias
Opinión
Tribuna El odio pasará y caerán los dictadores
Observando desde Chaplin y su Gran dictador el avance en Europa de los viejos monstruos que nunca se fueron.
Análisis
Análisis Miremos más allá de las elecciones europeas y retomemos el ¡No a la guerra!
En las elecciones europeas nos jugábamos mucho porque marcarían nuestro devenir y aporte como europeos a cómo hacer frente y movernos frente al agotamiento del modelo surgido tras el colapso de la Unión Soviética.
Multinacionales
Derechos humanos El gigante de la fruta Chiquita Brands es condenado por haber contratado a paramilitares colombianos
La multinacional, heredera de la siniestra United Fruit Company, es condenada a pagar 38 millones de dólares por haber financiado al comando paramilitar Autodefensas Unidas de Colombia (AUC).
Derechos Humanos
Represión Los patrones comunes de criminalización de los movimientos sociales en América Latina y València
Un informe elaborado por alumnado de la Universitat de València y Entrepobles compara la represión sufrida por activistas ecologistas, feministas y defensoras de derechos humanos.

Recomendadas

Cómic
Ángel de la Calle “La obra más importante de arte contemporáneo del siglo XX son las Madres de Plaza de Mayo”
La novela gráfica ‘Pinturas de guerra’, firmada por Ángel de la Calle, recrea las experiencias artísticas y armadas que, desde el exilio, sobrevivieron al horror de las dictaduras militares latinoamericanas. Esta primavera ha vuelto a las librerías.
Palestina
Palestina Palestina más allá del reconocimiento
El anuncio sobre el reconocimiento del Estado de Palestina por parte de España constituye un paso considerable, pero no está acompañado de la adopción de otras medidas necesarias para su consolidación efectiva.
Genocidio
Reino Unido Un barrio acampado contra el genocidio
Las vecinas del municipio londinense de Hackney plantaron las primeras tiendas hace algo más de un mes. Perseverando fuera de los campus, echan su pulso particular para que las autoridades municipales rompan con Israel.
Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN)
30 años del levantamiento del EZLN Los retos del zapatismo hoy: cárteles, gobierno y militarización
En el tercer artículo de la serie de “30 años del levantamiento del EZLN”, el autor hace un recuento de la extraordinaria militarización de Chiapas y de cómo la narcoviolencia se hizo presente en este Estado del sureste mexicano