Galego
O galego que falamos

A nosa lingua perde palabras, sons... e falantes. Nun contexto de españolización acelerada, o galego ten no portugués un salvavidas, unha bóia de vida, para frear a súa deturpación.

pexego
As formas tradicionais 'pêssego' ou 'pexego' quedaron en desuso coa “imposición” e aceptación da norma de 'melocotón'. O Salto Galiza

Fernando foi ao mercado e pediu coxa de polo, pero o mozo que o atendeu respondeu estrañado: “O que?”. Algo parecido lle aconteceu a Laura cando dixo no ximnasio que lle doía o xeonllo. O que teñen en común todas estas historias non é a súa relación con partes do corpo, senón a evidencia dunha realidade: o galego perde o seu léxico e a súa gramática con cada xeración que pasa.

A ESPAÑOLIZACIÓN DA LINGUA

‟Non hai ningún ámbito do idioma que escape a esa mudanza: no léxico, na morfoloxía, na fonética, na sintaxe... E vai sempre no sentido da converxencia co castelán, porque é a lingua coa que convive, e calquera lingua minorizada que conviva coa oficial do Estado vai ter ese proceso de converxencia”, explica Eduardo Maragoto, filólogo e presidente da Associação Galega da Lingua (AGAL). “A maioría das veces as persoas non son conscientes desa mudanza, desa converxencia co castelán. E agora, coas novas comunicacións, acelérase ese proceso”.

Goretti Sanmartín é doutora en filoloxía galego-portuguesa e membro correspondente da Real Academia Galega (RAG). Engade que o maior perigo é a perda gramatical: “Se non sei que ‘abuelo’ é avó, podo aprendelo e incluír esa nova palabra no meu vocabulario, pero se non sei utilizar a gramática e non teño referentes que ma ensinen, isto é moito máis complicado. O mesmo pasa coa fonética”.

queremos galego mani
"Paremos o extermínio da nossa língua" Zelia García

O galego perde falantes e está pouco presente nos novos medios de comunicación e internet. Os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) son esclarecedores: un de cada catro rapaces saben falar pouco ou nada galego. A escaseza de canles en internet e a perda de programas como Xabarín Club acentúan a perda do interese pola lingua. Ana Moreiras é profesora de tecnoloxía nun instituto de Boiro. “A rapazada non usa galego en instagram, en Tik-Tok... e dalgunha maneira asocian que iso é o normal”.

“Unha lingua para se manter viva precisa ser imprescindíbel para comunicarse con alguén, e esa imprescindibilidade o galego perdeuna. Non é preciso coñecer a palabra esquecer, todo o mundo vai entender olvidar”

“O galego parte dunha gran semellanza morfolóxica ou na sintaxe co castelán, entón hai moitas palabras ou expresións que teñen pouca seguranza para se manter no galego”, explica Maragoto. “Unha lingua para se manter viva precisa ser imprescindíbel para comunicarse con alguén, e esa imprescindibilidade o galego perdeuna. Non é preciso coñecer a palabra ‘esquecer’, todo o mundo vai entender ‘olvidar’. Se esas palabras se perden do uso popular, non se van poder recuperar despois. A palabra ‘acordar’ era emblemática galega, pero unha vez que se deixou de usar tamén caeu o seu uso formal e literario, e xa é difícil de entender por parte dos galegos”.

Segundo Sanmartín, “para unha lingua que está en contacto con outra coa que entra en conflito, é necesario blindarse e conseguir recuperar a súa parte máis tradicional e autóctona. Recuperar esa fonética, esa sintaxe. Se non, hai un proceso de imbrigación que pode dar lugar tamén á substitución lingüística”.

A SEGURANZA LINGÜÍSTICA

Unha das chaves para tentar frear o proceso histórico de substitución lingüística reside na falta dun modelo estable do galego que dea seguranza ás falantes. “É evidente que necesitamos ter modelos claros, e que a xente poida recollelos. Un referente para a xente nova foi o Xabarín Club”, explica Sanmartín. “A rapazada era moi consciente da lingua que escoitaba e acababa reproducíndoa, por iso son importantes os referentes”, engade. “Á xente o que non lle gusta é que os demais lles estean corrixindo, porque crea inseguridade. Conforme vas tendo máis inseguridades pois ao final acabas dicindo, ‘pois non falo esta lingua’. Pasa o mesmo que cando fas unha oposición, se sabes que o estás facendo ben, gozas, mais se sempre tes que estar preguntándote se o estás facendo ben ou non, xera o efecto contrario”.

Galego
A lingua das crianzas (I): Paus nas rodas ao galego na infancia

Nos últimos anos, Feijóo, Pocoyó e os seus amigos aceleraron o proceso histórico de substitución lingüística do galego a prol do castelán. A política lingüística da Xunta e a súa inacción ante a imposición estrutural do castelán favorece unha desgaleguización que comeza coa vulneración dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas galegas.

Maragoto tamén apunta que esa inseguranza é unha das causas que contribúen a que as persoas opten por non falar galego. “Unha soa crianza falando castelán nun grupo de cinco, xa é quen de modificar o uso lingüístico dos cinco, e ao revés non. Inflúen moitas outras cousas: a idade, o carisma... pero a [falta de modelo] inflúe, moito. En castelán non podes dicir ‘me caí al chan’, en cambio é moi habitual dicir en galego ‘caín ao suelo’. As crianzas notan iso, e sinten certa inseguranza. En castelán e portugués non, aí sempre está segura do que din nin lle van discutir nada”.

“Unha soa crianza falando castelán nun grupo de cinco, xa é quen de modificar o uso lingüístico dos cinco, e ao revés non. Inflúen moitas outras cousas: a idade, o carisma... pero a [falta de modelo] inflúe, moito”

“É importante sentir que aquí hai un modelo lingüístico que representa unha cosmovisión”, di Sanmartín. “Isto inflúe nas nosas maneiras de ser, de identidade, de como respondemos preguntas, de como contestamos, como actuamos, e iso acaba creando orgullo e dignidade, e tamén recoñecemento de que esta é unha lingua propia, diferente, e de que ao final non é un castrapo. E aí eu creo que si que fomos avanzando algo, pero non todo o que debería, de que moita xente falando un galego estupendo descúlpase: ‘Non, non. Desculpa que eu non falo ben, quen fala ben é fulanito ou menganito’”.

Para conseguir esa sensación de pertenza e de estabilidade da lingua é fundamental o papel das administracións. “É importante que as administracións públicas, o ensino ou os medios de comunicación transmitan unha boa calidade lingüística, xa que afianza moito a seguranza”, engade Goretti Sanmartín, que considera que nese sentido sería importante poder consumir medios e contidos portugueses: “Sería un elemento fundamental para garantir que houbese moitísima máis calidade lingüística e seguranza. Sen esa calidade eu creo que o galego non se salvaría. Sempre se di que quen salvou o galego foron as persoas que o falaron, desde o punto de vista tradicional: labregas, labregos, mariñeiros... Pero o idioma tamén se mantivo, sen ningunha dúbida, grazas a escritoras e xente que o recuperou para a escrita, como lingua de cultura, que tivese moitos rexistros , non só o popular”.

Queremos Galego manifestacion
Movilización de Queremos Galego en Compostela en el Día de las Letras Galegas de 2018. Galiza Contrainfo

Sanmartín tamén sinala certa folclorización da lingua desde as administracións galegas: “Hai unha política lingüística que o que non quere é a continuidade do galego, ou que consinte un uso do español folclórico, ou castelán agalegado, que ten determinadas expresións, pero que non quere o uso normal do galego en todos os contextos”.

Maragoto sinala certa responsabilidade da normativa ortográfica actual nesa falta de modelo, porque “non ten capacidade para manter un modelo de corrección diferente do castelán, non é capaz de dar ao galego unha marxe de seguranza. Por exemplo, na sintaxe nótase moito esa mudanza. Unha vez que a ortografía corta o contacto coa lusofonía e impide a comunicación entre galegos e galegos portugueses é case imposible manter certas estruturas, como o infinitivo flexionado”, asegura.

“O feito de que a normativa oficial considere que o galego é unha lingua independente do que nós consideramos variantes da mesma lingua, é un paso máis nese sentido”, engade Maragoto. “Hai certas diferencias en relación co mundo lusófono e semellanzas co castelán que fican estabilizadas na normativa, por esa decisión política. Por exemplo, Galiza-Galicia. No galego escrito había un uso de ambos, e a forma que se escolle para o uso é a castelá. Nese sentido, [a norma] funciona como estabilizador e afirmador da castelanización”.

portugues galego

O ACHEGAMENTO AO PORTUGUÉS, UN MODELO A SEGUIR?

No que as expertas parecen están dacordo, desde a administración até as filólogas, é que unha das solucións pasa polo achegamento ao portugués, do que o galego e a Galiza se foi alonxando nas últimas décadas.

“É fundamental que poidamos ler en portugués, por exemplo. Todo o mellor do galego tradicional está no portugués”, afirma Goretti Sanmartín. “Este achegamento reforza e blinda o galego, facendo que sexa máis auténtico. Recupera o noso galego tradicional”. E no mesmo sentido lembra que “ler a nosa literatura ou escoitar ás persoas maiores é determinante para a recuperación da lingua”.

A AGAL, entidade que preside Maragoto, vén reivindicando unha convivencia normativa para o galego na que convivan a norma oficial actual coa norma galego-portuguesa ou “internacional”. “Algúns filólogos que se opoñen ao reintegracionismo, din que non é necesario o portugués como modelo, mais despois teñen moitos erros derivados do descoñecemento do portugués, como malos usos do infinitivo flexionado, do imperfecto do subxuntivo... Son estruturas moi emblemáticas do galego pero que deixaron de ter uso popular frecuente; a renuncia ao modelo portugués provoca a imposibilización de recuperar esas estruturas”.

Un exemplo é o caso do infinitivo flexionado, para o que axudaría eliminar as actuais “fronteiras” ortográficas: “Non basta con estudar unha estrutura gramátical para activala, é preciso ouvila con frecuencia e en varios contextos, porque xa non temos suficiente input como para activala. O máis eficaz é relacionarse coas variantes da lingua portuguesa e diluir o máximo posíbel as fronteiras ortográficas”.

Maragoto insiste ademais na importancia do reitegracionismo para construír ese marco de seguranza que manteña unha certa calidade, algo que xa demostrou o movemento reintegracionista de base: “Só hai que comparar os textos reintegracionistas hoxe en día na Galiza cos producidos no resto do mundo que escreve galego, e comparar esas estruturas: ao longo de 40 anos, o contacto co portugúes xa mantivo o galego que esas persoas usan en certos marxes de seguranza e barreiras con respecto ao castelán. Non é porque o estudasen, ninguén estudou galego reintegrado. É só polo contacto, ademais da vontade individual. Pero é un exemplo do que podería acontecer se esa decisión —asumir o reintegracionismo— se tomase a un nível moito máis amplo”.

O achegamento á lusofonía é un camiño xa comezado e asumido por todas as partes, mesmo pola Xunta, coa aprobación da Lei Paz-Andrade en 2014. O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicaba na semana das Letras que a dobre normativa reivindicada polo movemento reintegracionista era unha das “vías a explorar” para achegarse á lusofonía, ao tempo que recoñecía que é unha opción “posible”, como acontece coa lingua norueguesa.

O PODER DOS IDIOMAS

Unha das chaves ante a realidade da perda de calidade do galego vén dado pola convivencia entre linguas. “As linguas teñen o seu poder, que se mide co dominio internacional que teñen. Por exemplo, o portugués ten moito poder, pero nada que ver co castelán, e este é incomparábel co poder do inglés”, explica Maragoto.

Sobre isto Andrés Rico, estadounidense de pais salvadoreños que reside en San Francisco, ve como a cultura e a lingua latinas, se ven asoballadas polo inglés, neste caso a lingua de poder. “Por moitos anos ás inmigrantes presionóuselles para que asimilaran a cultura anglosaxoa. Moitas persoas no camiño perderon así os seus costumes, o seu idioma e a súa identidade para perseguir o concepto de ‘soño americano’” engade Rico. “E así, dáse o fenómeno de que moitas persoas, por sufriren discriminación ou por medo a sufrila, comezan a negar, esconder e esquecer a súa cultura e o seu idioma”.

“A lingua é o medio de comunicación pero tamén é unha cosmovisión, un xeito de relacionarnos co noso entorno e co universo. Por iso hai que cambiar ese modelo utilitarista e ser capaces de ver as linguas de outra maneira”

Xunto este poder emerxe o utilitarismo das linguas, que fai que a xente queira falar e aprender aquelas que parece que teñen ‘máis futuro’. Maragoto di que esquecer esta realidade sería ser “moi inxenuos, ou utópicos. Isto ten moitísima importancia. Por exemplo: cando alguén di ‘eu falo galego porque é a miña lingua, non porque sexa útil’. Iso non é verdade, as persoas non usamos as linguas se non son útiles. Cando estudas unha lingua tes en conta a súa utilidade, e co inglés podes ler cincuenta mil traballos e visitar moitas partes do mundo”.

Maragoto pon o exemplo doutras linguas, coma o noruegués ou o holandés: “Son linguas de estados que a pesar de selo, teñen dificultades de sobrevivir fronte o inglés. Os estados son unha maquinaria impresionante para preservar unha lingua, pero cando a pesar diso, sinten a presión abafante do inglés... Imaxínate”.

“É un utilitarismo perverso —engade Sanmartín— porque é máis ben un uso político e económico. Incluso parece que se dis non lle dediques tanto ao inglés e máis ao portugués ou ao galego parece que estás dicindo unha barbaridade. Despois, tamén está o problema de non ser conscientes de que cando desaparece unha lingua, desaparece tamén unha maneira de ver o mundo. Isto é un problema porque se perde a identidade e o coñecemento que van da man da lingua, sobre plantas, animais, formas de vida, de pensar... A lingua é o medio de comunicación pero tamén é unha cosmovisión, un xeito de relacionarnos co noso entorno e co universo. Por iso hai que cambiar ese modelo utilitarista e ser capaces de ver as linguas de outra maneira”.

Sobre o galego, Ana Moreiras remata dicindo que “se non se fai unha discriminación positiva, é moi difícil recuperalo. É inxusto dicir imos poñer as dúas cousas iguais e que crezan. Iso nunca vai medrar igual porque non son iguais”. Por iso hai que “intentar equilibralo e facelo cunha certa intención”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Baleares
Plurilingüismo Mallorquines y mallorquinas salen a la calle y gritan un rotundo “Sí a la llengua”
La Plaça Major de Palma se quedó pequeña para albergar a las miles de personas que acudieron al acto organizado por la OCB en defensa del catalán.
Euskera
Euskera El pedregoso camino de las personas migrantes para estudiar euskera
Costes inasumibles, incompatibilidad horaria con los cuidados y redirección hacia el modelo castellano por ser “más fácil”. Esta es la historia de cuatro mujeres migrantes (y sus familias) intentando aprender euskera.
agremon2001
31/5/2020 14:49

Teño por min dende hai moito tempo que un tema clave é a produción de contidos en galego. De xeito individual e ecolectivo. De calidade e de futuro. Polos falantes actuais da nosa lingua. É o noso deber, a máis do noso futuro. Dende hai máis de dez anos, nos meus blogues, como ribadeando, procuro seguir esa liña. E, sen imposicións, pero sen pausa, tento que outras tamén a sigan.

0
0
Turismo
Vivienda y turismo De Canarias a Baleares pasando por Cantabria: la lucha por la supervivencia en los archipiélagos del turismo
Las movilizaciones contra los pisos turísticos, la masificación y un modelo enfocado al turismo que ha chocado con sus límites recorren todo el territorio español.
Euskal Herria
Euskal Herria El ‘Triángulo de las Bermudas’ de los fondos Next Generation engulle la transición ecosocial
Cubren el 18% de la inversión de Mercedes en Araba: 185 de 1.000 millones de euros para empezar a fabricar furgonetas eléctricas al alcance de bolsillos pudientes. Los Next Generation están condicionados a contrarreformas y una deuda mutualizada.
Ocupación israelí
ACUERDOS CON ISRAEL Un grupo de la UPV/EHU colabora en un proyecto europeo con un centro israelí vinculado al genocidio
QUENCH es una colaboración científica con el Israel Institute of Technology, que desarrolla los bulldozers teledirigidos usados en las demoliciones de casas palestinas.
Bebés robados
Bebés Robados La ley de bebés robados vuelve al Congreso por tercera vez
Siete años después de su primera entrada en la cámara, la propuesta de ley para la investigación del robo de bebés durante el franquismo y los primeros años de la democracia será tramitada de nuevo gracias a la lucha de las asociaciones.
Italia
Derechos a la salud ¿Se hunde la sanidad pública en Italia? Los ricos se saltan la cola
La desinversión en sanidad de los últimos años ha conducido a una carencia de profesionales sanitarias y a la proliferación de servicios de urgencias privados, en los que se paga para sortear las largas esperas que afectan a los centros públicos.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.

Últimas

Sumar
Propuesta de Sumar España es uno de los siete países de la Unión Europea sin prestaciones universales para la crianza
Todos los países del norte y el centro de la Europa de los 27 tienen ayudas para la crianza, que van desde los casi 50 euros mensuales en Eslovaquia, Letonia y Bulgaria a la 'Kindergeld' de Alemania (250 euros) y los 373 euros de los Países Bajos.
Actualidad LGTBIQ+
Derechos LGTBI+ Las asociaciones LGTBI+ dejan la organización del Gay Games en València
La Fundació València Diversitat, Lambda, Avegal y Dracs acusan a PP y Vox de secuestrar el proyecto y de aplicar políticas de recorte de derechos LGTBIQ+.
Opinión
Opinión Brutalismo supremacista libertariano
Reflexiones sobre la cumbre de Madrid en la que se reunieron los líderes mundiales del capitalismo gore y formación del Anthropos 2.0.
Genocidio
Genocidio La Unión Europea convocará a Israel para evaluar el acuerdo preferencial por la violación de derechos humanos
El Consejo de la Unión Europea envía una señal de advertencia al régimen de Netanyahu después de que la Corte Internacional de Justicia pidiera el fin inmediato de la campaña de exterminio en Rafah.
Más noticias
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza Israel desobedece a la CIJ y provoca una nueva masacre en un campo de refugiados de Gaza
Tres días después de que la Corte Internacional de Justicia ordenase a Tel Aviv detener los ataques, el ejército de Israel bombardea una “zona humanitaria” y asesina al menos a 50 palestinos.
Genocidio
Lucha contra el genocidio Acampada en la Universidad Complutense: las esporas del 15M que han germinado por Palestina
Estudiantado organizado de manera asamblearia que ya suma 500 tiendas de campaña desafía al consejo de rectores madrileños y promete resistir hasta que se rompan relaciones con Israel.

Recomendadas

Inteligencia artificial
Inteligencia artificial IA y crisis climática: las grandes tecnológicas escogen España para instalar sus gigantescos centros de datos
El boom de la IA ha disparado las necesidades de computación de los centros de datos y su consumo de agua. Las grandes tecnológicas buscan nuevas regiones para instalarlos. España entre ellos.
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.
Memoria histórica
Eduardo Pérez “Quería recordar a las mejores generaciones que han pasado por España”
El periodista Eduardo Pérez, colaborador habitual de El Salto, firma ‘Contigo empezó todo’ un libro que rescata 30 momentos estelares de la otra historia de España, olvidada, silenciada y vilipendiada por el relato oficial.
Albania
Turistificación La otra cara de la Riviera Albanesa
La apuesta del Gobierno albanés de poner el futuro económico en manos del sector turístico está llevando a una masificación del sector que se traduce en la degradación del medio ambiente y un fuerte encarecimiento de la vivienda.