Sanidad pública
Fernando Abraldes: “A austeridade na saúde susténtase a costa dos dereitos fundamentais das persoas”

Falamos coa Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS tras un novo falecemento nos corredores de acceso, do colapso estrutural nos servizos de urxencias e da pasividade e da “burla” do Sergas e da Xunta.

Un novo inverno, a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denuncia o colapso estrutural nos servizos de urxencias, as mortes nos corredores de acceso ou a privatización dos servizos públicos. Falamos con Fernando Abraldes, que esixe políticas e tamén responsabilidades ao Sergas e á Xunta.

Esta semana faleceu outra persoa nos corredores de Urxencias no Chus. Contádenos que aconteceu, e sobre todo, que é o que implica.
O que aconteceu foi que un paciente de 84 anos cunha situación de polipatoloxías moi grave foi clasificado pola triaxe como ‘grave’ e permaneceu nun corredor unha hora nunha padiola. Como consecuencia desa espera produciuse un deterioro do seu estado de saúde. Hai que aclarar que a xerencia e o Sergas admiten que foi atendido no corredor, algo que é contrario a calquera tipo de práctica médica. Non se pode atender a un paciente nun corredor diante de todo o resto de pacientes. Pasada unha hora, o paciente estaba moribundo e unha persoa que o estaba acompañando avisou aos médicos de que non respiraba. Chegaron os médicos, levárono para críticos e certificaron a súa morte.

colapso urxencias
Persoas agardan nos corredores do CHUS a seren atendidas. Imaxe: APUChus

As consecuencias disto? Desde que nos constituímos como asociación é o cuarto falecemento no corredor de acceso do CHUS. Iso non só vulnera a legalidade en materia de seguridade nos servizos de urxencias se non que atenta contra o dereito fundamental dos pacientes á intimidade e á dignidade. Non se pode considerar baixo ningún concepto que un paciente está tratado correctamente cando nun estado case moribundo se coloca no corredor de acceso á espera de ser atendido. Estase violentando dunha maneira absoluta e total a esfera privada e íntima. Isto pasa de xeito reiterado, cunha xerencia do CHUS pechada en banda, e o Sergas igual, dicindo que non é certo. Están negando a realidade a pesar de que está demostrada. Din ademais que os pacientes non quedan no corredor se non que transitan polo corredor. É unha falsidade e considerámolo unha burla, unha tomadura de pelo.

Que influencia ten o colapso sistemático das urxencias neste tipo de situacións?
O servizo de urxencias deteriórase, hai unha gran presión asistencial, as traballadoras traballan nunha situación de estrés totalmente intolerable que afecta á calidade asistencial aos pacientes e todo se xustifica dicindo que os recursos dispoñibles son de difícil xestión, que poñer unha cama a disposición dos pacientes require o seu tempo, que as ambulancias son as que hai e que polo tanto hai que admitir esta situación. Nós non estamos dispostos a aceptalo; non estamos dispostos baixo ningún concepto a admitir que un paciente que ven buscando nas urxencias que lle palíen a dor que pode sentir e os síntomas que poida ter, que ao final acabe morrendo nun corredor. É intolerable.

Que fan o Sergas e a Xunta ante isto?

Négano. Nós chegamos a escoitar que o corredor era un sitio menos malo porque como o persoal sanitario transita polo corredor, os pacientes están vixiados por se aparece algunha sintomatoloxía que deba ser atendida de xeito inmediato. Os sistemas públicos de saúde do mundo teñen resolto este tipo de problemas desde hai moito tempo, e resólvense desde o punto de vista técnico e deontolóxico. O que ocorre é que seguramente o que require unha solución técnica son máis recursos.

“Formularemos unha queixa ante a Valedora. Se se inhibe, sería absolutamente escandaloso. Habería que repensar se estamos nun estado de dereito, sinceramente.”

As persoas que están esperando na zona de atención que son as que teñen asinado o ingreso hospitalario, son as que realmente están agardando a ser atendidas en planta. Iso provoca que como os sitios de atención están ocupados, os pacientes que chegan a urxencias chegan ao corredor. Toda esa xente que está agardando a subir a planta, podería estar en zonas de espera que están atendidas con persoal sanitario e cos medios axeitados, pero ese tipo de mecanismos non se arbitra. A cuestión é que se pretende que nos acostumemos a que os servizos públicos de saúde estean sustentados na austeridade, e esa austeridade susténtase a costa dos dereitos fundamentais das persoas, e non imos pasar por iso de ningunha das maneiras.

E esa austeridade é tamén escusa para que empresas privadas se infiltren no sistema público, non?
Efectivamente. O que pasa é que o servizo de urxencias é un servizo por onde entran máis dos 50% dos ingresos hospitalario. É un pequeno hospital dentro do hospital, con gran cantidade de servizos especializados. Probablemente, non haxa ningunha asistencia privada que permita iso. O que pasa é que hai pacientes que se non teñen atención adecuada e non lles dan atención fóra do ámbito das urxencias como é a atención primaria, pois obviamente buscan as súas alternativas, que poden ser de todo tipo: ou ben ir unha e outra vez a urxencias ou buscar un médico privado. O problema é que se alguén ten que buscar un médico privado estando pagando a seguridade social durante anos, un servizo que ten que recibir obrigatoriamente e aínda por riba ten que pagar a asistencia privada porque non se lle suministra no momento no que realmente a require, estase vulnerando o principio de equidade no acceso, así de claro. Entón terá sanidade quen a poida pagar, e nós non estamos dispostos a admitilo.

Sobre a pasividade do Sergas: “Nin tan sequera poñendo mortes enriba de mesa se moven, que é unha situación realmente inquietante.”

O que nós facemos é denunciar esta situación e mentres, se sentirán en ‘jaque’, pero lamentámolo moito. Estes días, Feijóo facía unhas declaracións nas que dicía que “ya estamos permanentemente con el mesmo asunto” e nós poderiamos dicirlle “claro, estamos co mesmo asunto porque vostedes como responsables do Sergas seguen colocando aos pacientes no corredor de acceso. Non o fagan e deixaremos de falar do asunto.” Aquí nin tan sequera poñendo mortes enriba de mesa se moven, que é unha situación realmente inquietante.

Tamén criticades a pasividade dos poderes públicos.
Parécenos moi inquietante que non haxa ningún poder público que interveña. Nós como asociación formulamos unha queixa ante a Valedora do Pobo, a cesada, a anterior. Dixo claramente que os responsables de urxencias tiñan debidamente explicado e non interviu, non fixo nada, a pesar de que o Valedor do Pobo ten a competencia de inspeccionar persoalmente os servizos para verificar o que acontece. O poder xudicial tamén se inhibe, porque di que os servizos de carácter público non son responsables penalmente, se non que o son as persoas. Os órganos de goberno, obviamente tamén se inhiben: non poden ser xuíces e parte, obviamente, porque están xestionando e non van culparse a si mesmos do que están facendo.

Pensades que dalgún xeito, a Xunta está quitándolle valor ao público?

As urxencias son as que máis alarma crean, polo que representan, pero o servizo público de saúde de Galicia está en franco deterioro. Aínda non se gasta o que se gastaba en 2009, en termos de gasto real, non de orzamento. A situación segue sen mellorar e segue habendo servizos altamente dotados pero outros nun estado de derrubamento. Isto tamén é debido a que hai loitas internas dentro da propia sanidade pública que fan que determinado tipo de sectores da sanidade presionen para que todos os recursos vaian a ese servizo. Iso produce que haxa pacientes de primeira e segunda, en función da doenza que padezan. Iso é algo claramente discriminatorio. Pasa desde a atención primaria, por exemplo, que é o sector máis abandonado; pasa con rehabilitación, coa atención temperá e con outros servizos que non están dotados correctamente.

Cal é o modelo sanitario que transcende destas políticas? Hai moitos equipamentos, doazóns millonarias para novas máquinas, pero non hai unha política de promoción da saúde que apele a comer ben, ou a facer deporte. Semella que todo se amaña a posteriori, despois da enfermidade.
Claro, este é un sistema hospitalocéntrico. É un modelo baseado na curación unha vez que a enfermidade se produce. É un modelo que está tremendamente asentado, porque detrás del hai unha gran cantidade de intereses económicos moi serios que xeran unhas grandes plusvalías. É un modelo rentable, e as multinacionais tratan de innovar para atender fundamentalmente aos pacientes crónicos. Por iso está todo o tema da atención remota, por exemplo. O que se consigue é que primeiro, aínda que teñamos unha sanidade pública, esta estea penetrada polos intereses das multinacionais, claramente. É un modelo que está tan hipotecado desde o punto de vista da capacidade de tomar decisións por si mesmo que vai ser moi difícil cambiar, porque habería que entre outras cousas habería que cambiar a normativa en materia de contratación.
Sobre o modelo hospitalocéntrico: “Está tremendamente asentado porque detrás del hai unha gran cantidade de intereses económicos moi serios que xeran unhas grandes plusvalías.”

Hai que lembrar que foi o PSOE quen no seu día, fixo unha reforma moi importante que permitiu que determinado tipo de servizos de suministros no ámbito da sanidade puideran ser contratados mediante concorrencia competitiva, abríndose á iniciativa privada. Isto hai que dicilo porque semella que se esquece. Habería que empezar por aí e tamén descentralizar o modelo; é dicir, hai que dotar aos centros de saúde de medios reais de diagnóstico que poidan ser capaces de determinar cal é a doenza dun paciente, diagnosticar e formular un tratamento. É esencial.

Despois hai unha terceira reforma, que é incorporar aos pacientes e usuarios ao modelo de participación. Ao fin de contas, somos quen estamos pagando o servizo e estamos absolutamente exentos, estamos fóra do modelo de control e funcionamento interno do servizo público de saúde. Iso ten que rematar, igual que se fai no ensino, onde os estudantes e os pais teñen mecanismos de participación. Na sanidade habería que facer algo parecido. O que ocorre é que non se está a debater sobre o modelo, ninguén discute o modelo sanitario. A única discusión é que hai que potenciar a atención primaria, pero non se di como. Habería que dotala de medios especializados e iso representa un cambio importante. En segundo lugar, hai que romper coa vinculación do sistema do modelo das multinacionais, hai que acabar con iso. Haberá que facelo de tal xeito que o sistema público de saúde sexa suficientemente autónomo para poder proveer servizos asistenciais de claidade.

Algo máis no que queirades incidir?
Nós somos unha asociación de pacientes de carácter non asistencial. O único que buscamos é a defensa de dereitos, algúns recoñecidos e outros sen recoñecer e que esiximos que se recoñezan. O que nos atopamos cando os pacientes se dirixen a nós reclamando apoio é que o propio Sergas e as propias xerencias as que vulneran sistematicamente o ordenamento xurídico en vigor, aprobado por eles, dalgún xeito. Hai unha vulneración sistemática de dereitos e dos procedementos administrativos implantados noutras administracións públicas.

“Os pacientes estamos absolutamente fóra do modelo de control e funcionamento interno do servizo público de saúde. Precisamos mecanismos de participación”

Vivimos nunha especie de reino de taifas e nun mundo illado onde a xerencia e os directivos fan e desfán o que queren. Prodúcese unha absoluta inseguridade ao paciente e isto nótase nas listas de espera, que son outro reino de Taifas. O paciente non ten mecanismos para defenderse ante unha arbitrariedade. Vulnéranse os dereitos de notificacións das resolucións que afectan aos pacientes, non se notifican outras, entón ao final a única alternativa que nos queda porque non hai resolución de conflitos, é denunciar publicamente. O que non pode ser é que teñamos que denunciar publicamente para defender un dereito que está recoñecido legalmente. Non é posible que en virtude da presión que faga alguén, se resolva o seu problema persoal. Non é tolerable, porque non é un dereito que teña que reclamar, se non que é un dereito que a administración ten que defender por riba de todo.

Por exemplo, o dereito das persoas falecidas a morrer en privacidade e con dignidade.
É tremendo. Aí debería intervir a Valedora do Pobo, que ten como un dos seus obxectivos é a defensa do capítulo 1 da Constitución, que recolle os dereitos fundamentais das persoas. Non se debería inhibir. Nós imos formularlle unha queixa que xa temos practicamente redactada e a ver que fai. Desde logo, se se inhibe, sería absolutamente escandaloso. Habería que repensar se estamos nun estado de dereito, sinceramente.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
Caso Carioca
Caso Carioca Una violación y cinco abusos a prostitutas de un guardia civil se rebajan a cuatro años de cárcel
Un agente y tres proxenetas se benefician, en la pieza principal del caso Carioca, de llegar con la Fiscalía a acuerdos de conformidad encubiertos formalmente bajo la celebración de un juicio completo que no se produjo.
Sáhara Occidental
Sáhara Seis empresas galegas participan da explotación pesqueira en territorios ocupados
Á vulneración constante dos dereitos humanos no Sáhara Occidental ocupado únese un segredo a voces: o espolio de recursos naturais saharauís por parte de empresas europeas. Moitas delas, galegas.
#47291
11/2/2020 8:47

Algún día igual decatamos de que o colectivo profesional da sanidade ten intereses e obxectivos distintos da cidadanía e pacientes.
O colectivo profesional quere sanidade.
A cidadanía e pacientes queren saúde.
Ambos, metidos nas lóxicas mercantís, ignoran a importancia da prevención, dos determinantes sociais, da educación, da alimentación, da cultura da saúde, dos estilos de vida, das condicións materiais, do brutal simplismo e iatroxenia da dualidade síntoma - pastilla. Neste último aspecto, estamos demasiados métidos na lóxica de pedir axuda cando temos síntomas dunha enfermidade que non nos deixan traballar (ollo, non cando afecta a nosa vida familiar ou íntima en moitos casos), cando en realidade é seguro que levamos moito tempo, mesmo anos, cultivando e alimentando esa enfermidade. No existe prevención. Vivimos vidas e traballos tóxicos pero a queixa continúa a ser polos parches que manteñen esas vidas insanas.
Menos hospitais e máis saúde.

1
0
Elecciones
Elecciones europeas La derecha suma votos y una nueva fuerza, derrota suave del PSOE
PP, Vox y Se Acabó la Fiesta han obtenido conjuntamente 31 diputados, uno más que el bloque de la investidura de noviembre. El PSOE cae 2,6% puntos respecto a las elecciones de 2019.
Elecciones
Elecciones Podemos supera a Sumar en Catalunya, pero pierde en el resto de territorios
Las fuerzas que en 2019 estaban bajo la marca Podemos IU han perdido más de 800.000 votos en estos cinco años. Sumar aguanta gracias a Compromís y gana a su rival con solvencia también en Andalucía y Asturias.
Estados Unidos
Keeanga-Yamahtta Taylor “La vivienda es un tema extremadamente político”
La profesora universitaria Keeanga-Yamahtta Taylor considera que la falta de una regulación eficaz en materia de vivienda en Estados Unidos obedece a la gran influencia del capital privado en las decisiones del gobierno.
Sidecar
Sidecar Lituania en tiempos de guerra
Mientras el gobierno lituano da la bienvenida a una presencia militar alemana «permanente» en el suelo nacional, sigue erosionando el sentimiento de soberanía que muchos lituanos ansían.
Elecciones
Elecciones La fiesta de Alvise Pérez acaba de empezar (y se mantendrá alejada de los juzgados)
El agitador ultra alcanza su objetivo de conseguir el aforamiento judicial para entorpecer sus causas penales pendientes. En la actualidad, se enfrenta a dos procesos judiciales.
Palestina
Genocidio Antisemita: ¿persona que denuncia un genocidio?
Respuesta de una integrante de la Acampada de Barcelona a José María Asencio Gallego, que el 16 de mayo publicó en el diario 'La Vanguardia' el artículo “Antisemitismo en los campus”.

Últimas

Elecciones
Elecciones europeas Lo verde ya no cotiza al alza: la difícil campaña en Europa para los ecologistas
El grupo de los verdes podría perder en estas elecciones europeas un tercio de sus eurodiputados y pasar de cuarta a sexta fuerza en el Parlamento Europeo.
Italia
Italia Meloni proyecta su modelo ultraderechista sobre Europa
Todas las encuestas indican que Hermanos de Italia se impondrá en las elecciones a la Eurocámara con un 27% de los votos. Su líder se presenta como cabeza de lista en los comicios, aunque renunciará a su acta.
Palestina
Genocidio Israel mata a más de 200 personas para liberar a cuatro rehenes
El Estado sionista prosigue con el genocidio en Gaza, atacando campos de refugiados en el centro de la Franja y colapsando hospitales. Tras ocho meses de genocidio, solo hay 15 centros sanitarios parcialmente activos y cinco de campaña.
Artes escénicas
Artes escénicas Las violaciones de Lucrecia: el legado del #MeToo en el teatro
Cuatro siglos después, Lucrecia responde a Shakespeare no con refinadas rimas reales, sino con la dura prosa del testimonio escénico. En el teatro se multiplican las Lucrecias de carne y hueso que cuentan su historia en todos los formatos posibles.
Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN)
30 años del levantamiento del EZLN Los retos del zapatismo hoy: cárteles, gobierno y militarización
En el tercer artículo de la serie de “30 años del levantamiento del EZLN”, el autor hace un recuento de la extraordinaria militarización de Chiapas y de cómo la narcoviolencia se hizo presente en este Estado del sureste mexicano
Más noticias
Sidecar
Sidecar Mauritania, Mali: guerra y crisis de refugiados en el Sahel
En los últimos meses las tensiones internacionales en Mauritania han amenazado con desbordarse. El origen de las mismas es el colapso de la indisputada hegemonía occidental en el Sahel.
La vida y ya
La vida y ya Preguntas no hechas
No me atreví nunca a preguntarles qué había dentro de la frase “no hay nada peor que una guerra y una posguerra”.
Desigualdad
Solidaritat Aprenentatge entre iguals per a garantir el dret a l'alimentació
Justícia Alimentària i ACOEC continuen per tercer any consecutiu amb el seu projecte Entre Iguales. Aquest projecte impulsa la formació de líders comunitàries per fomentar el dret a l’alimentació a la ciutat de València.
Energías renovables
Renovables sí pero no así Marcha multitudinaria en Granada exigiendo “renovables sí, pero no así”
Colectivos sociales de distintas comarcas de Almería y Granada reivindican “parar y reformular” el modelo especulativo y extractivista actual con graves consecuencias en los territorios que pronto no tendrá “marcha atrás”.
Entrevista La Poderío
Bethlehem Habboob “Es fundamental llevar el boicot a Israel a lo académico”
Bethlehem Habboob es una activista andaluzo-palestina. Junto al estudiantado, y gracias a las movilizaciones contra el genocidio del pueblo palestino en Gaza, han conseguido que la Universidad de Granada rompa sus relaciones académicas con Israel.

Recomendadas

Unión Europea
Unión Europea La extrema derecha impone su visión de las migraciones en unas elecciones presididas por el miedo
Los discursos antimigración han protagonizado la campaña en toda la Unión Europea. El Partido Popular de Manfred Weber y Ursula Von der Leyen ha marcado el tempo de sus sucursales nacionales, incluyendo al PP de Feijóo.
Ecología
Ecologismo Las dos caras de Teresa Ribera
La vicepresidenta tercera del Gobierno es la número uno en la papeleta del PSOE para las elecciones europeas.
Lobbies
Lobbies Atlas Network, el think tank ultraliberal que gana terreno en la UE de la mano de la agenda anticlimática
Una investigación de un laboratorio de control corporativo francés revela que una poderosa asociación global de lobistas libertarios empieza a abrir puertas en la UE en el afán de retroceder la justicia social y las políticas ambientales.
Migración
Migraciones Hein de Haas: “Hay que hablar menos de inmigración y más de los problemas socioeconómicos”
El libro 'Los mitos sobre la inmigración' (Península), de Hein de Haas, pretende los prejuicios que asfixian el debate e impiden emprender políticas migratorias coherentes y humanas.