Hindenburg

Energía
A grande estafa do hidróxeno verde

Malia o seu pésimo rendemento enerxético e outros importantes hándicaps, estase a converter na nova estrela das políticas de Transición Enerxética.

Coordinador do Instituto Resiliencia

16 dic 2020 06:03

O hidróxeno é o elemento químico máis abondoso do Universo. Na súa forma molecular H2 (dihidróxeno) é un potente combustible que pode ser empregado en vehículos como coches, trens, barcos ou lanzadeiras espaciais. Unha das formas de producilo é mediante electrólise a partir da auga (H2O), aplicando unha corrente eléctrica que pode ser xerada mediante sistemas de captación de enerxía solar (fotovoltaica), eólica ou hidráulica. No caso de ser producido mediante esta electricidade de orixe renovable deuse en denominar hidróxeno verde, sendo esta aínda unha maneira moi minoritaria (2%) de producilo, xa que na actualidade a maior parte do H2 se obtén sacándoo do gas natural ou metano (CH4), emitindo no proceso importantes cantidades de CO2 (nada menos ca 11 toneladas por cada tonelada de H2). Nos últimos meses estase a converter no termo de moda dentro das políticas de Transición Enerxética, incluíndo a do goberno español. Mais non resulta doado de comprender que estas políticas estean a obviar os datos que fan rebaixar enormemente as expectativas depositadas nel como solución aos problemas implícitos nesta transición. Analicemos, logo, algúns deles.

En primeiro lugar, o hidróxeno non é unha fonte de enerxía: é un vector, é dicir, unha maneira de almacenar e transportar unha enerxía que ten que ser previamente obtida doutra maneira. Ou sexa, é unha especie de batería para gardar enerxía. No caso do hidróxeno verde esa enerxía provén, en forma eléctrica, da solar ou da eólica. Polo tanto non achega máis enerxía, non se suma á obtida por paneis fotovoltaicos ou aeroxeradores, senón que máis ben poderiamos dicir mesmo que resta enerxía, pois ao convertermos esa electricidade en hidróxeno por medio da electrólise perdemos un mínimo dun 20%. Mais unha vez producido, hai que gardalo e transportalo, procesos nos que se pode perder desde un 35% da súa enerxía ata unha perda total (100%). E se aínda nos quedou algo de enerxía neta dispoñible, á hora de utilizala —por exemplo na batería de combustible dun coche eléctrico movido a hidróxeno— podemos perder outro 50%. Estas cifras deixaríannos, no mellor dos casos, cun 33% da enerxía eléctrica inicial no intre de usala, segundo cálculos publicados por Pedro Prieto e que son moi optimistas pois non teñen en conta os custos enerxéticos de todas as infraestruturas implicadas neste proceso. Así pois, levar á práctica as estratexias anunciadas cara a un uso masivo do hidróxeno multiplicarían de maneira dramática a demanda de electricidade e favorecerían proxectos de colonialismo enerxético como o que se está a deseñar para obter hidróxeno mediante electrólise hidráulica no Congo para ser transportado por barco e consumido en Europa, evitando así a problemática de levar liñas de alta tensión atravesando todo o norte de África ata os puntos dos países enriquecidos onde se zugaría a electricidade verde africana. Un novo colonialismo enerxético que tamén nos podería tocar sufrir a nós.

O hidróxeno verde, o novo termo de moda para a Transición Enerxética, nin tan sequera é unha fonte de enerxía

En segundo lugar, o hidróxeno estase a propor para uso en sistemas que xa teñen outras alternativas máis eficientes, como é o caso do ferrocarril. En países coma España, onde existe unha boa parte da rede ferroviaria electrificada (preto do 60% dos trazados), non ten sentido propoñer un tren movido por hidróxeno, que precisaría, polas perdas devanditas, xerar o triplo de electricidade —como mínimo— cá alternativa de alimentar directamente as catenarias. Por suposto, habería que investir en electrificar todos os tramos que aínda non o están, pero unha vez realizado ese investimento inicial (estimado en 3 mil millóns de euros, aproximadamente unha terceira parte do que pensa gastar o goberno español en impulsar o hidróxeno verde), o mantemento sería moito máis económico ca ter que triplicar constantemente a produción de electricidade para producir o hidróxeno. Outro tema diferente son os camións e outros vehículos pesados (moi difíciles de electrificar mediante baterías) ou os barcos, xa que loxicamente non se poden tirar catenarias polo mar, e de feito xa se leva tempo experimentando cos barcos movidos a hidróxeno nalgún país coma Islandia. Ou o caso dos avións, que tamén se pretende facer que voen con hidróxeno, aínda que aquí os perigos en caso de accidente e os problemas derivados do tamaño preciso das células fano moito máis complicado ca nos barcos.

En terceiro lugar, a perigosidade do hidróxeno supera amplamente a dos combustibles habitualmente utilizados, incluídos os inflamables combustibles fósiles. A explosión dun tren de hidróxeno que sufrise un choque sería dunha potencia moito maior cá dun tren movido a gasóleo, e algo parecido podemos dicir dos avións e doutros vehículos. E, por suposto, todos os puntos de xeración, almacenamento ou distribución (pensemos no gasoduto A Coruña-Tui, sen ir máis lonxe, xa que se pretenden aproveitar estas infraestruturas para levar hidróxeno estarían expostos ás explosións, relativamente frecuentes na industria actual do hidróxeno. Podemos visualizar o que implica un accidente dun vehículo de hidróxeno no famoso accidente do dirixible Hindenburg, repleto deste gas, en 1937. Ao contrario ca no caso dos derivados do petróleo e doutros combustibles, o hidróxeno non precisa unha chama para inflamarse, e forma co aire mesturas altamente explosivas.

Asemade, é un combustible cheo de problemas: de baixa eficiencia, perigoso e moi difícil de almacenar e de transportar

O cuarto hándicap podería ser o complicado da súa loxística, máis alá da cuestión da inflamabilidade, pois o hidróxeno é o elemento máis lixeiro e máis reactivo que se coñece, e polo tanto corroe calquera material utilizado para o seu almacenamento e require condicións de presión e de temperatura moi custosas de conseguir e de manter.

E por rematar cun quinto inconveniente, mencionaremos as implicacións medioambientais deste hidróxeno cualificado moi gratuitamente de verde. Dado que maiormente se está a propor usar auga do mar para obtelo, os subprodutos da súa fabricación non serían só o limpo osíxeno que sairía de electrolizar auga destilada, senón que se produciría sosa cáustica e cloro, substancias altamente contaminantes e biocidas. Algo que, obviamente, tería moi pouco de verde para o medio costeiro onde se producise.

Con estas características sorprende que agora se estean anunciando cada semana novos proxectos relacionados co hidróxeno, cando se levaba propoñendo desde hai décadas, cunha tepedísima aceptación, a “economía do hidróxeno” sendo o libro de igual título do economista Jeremy Rifkin (2002) unha das obras centrais desta proposta. A explicación deste súpeto éxito podemos atopala na enorme cantidade de diñeiro procedente da UE que se puxo agora enriba da mesa á procura de proxectos nos que ser investida coa desculpa da Transición Enerxética. O capital xa cheirou este novo nicho de lucro privado e custes públicos, e tanto lle ten que ao final resulte ser unha burbulla absurda desde o punto de vista termodinámico, ou mesmo unha grande estafa social na que desbaldir cartos públicos e recursos materiais escasos que estarían mellor investidos en facermos realmente máis resilientes as nosas sociedades, uns cartos que acabamos pagando todas e todos, unha vez máis, de maneira semellante á aposta masiva polo coche eléctrico.

As grandes empresas xa viron o negocio do hidróxeno verde e lanzáronse de cabeza polos cuantiosos fondos europeos a el destinados

Unha recente entrevista cun ex-asesor de José María Aznar revelaba esta realidade, pois sen ter a máis mínima experiencia co hidróxeno pero si en facerse con axudas públicas, afirmaba: “todo o relativo á enerxía renovable, hidróxeno verde, eficiencia, non só está moi de moda, é cara a onde vai todo (...) O Goberno vaino apoiar, tes os fondos europeos, é medioambientalmente eficiente, tes as grandes utilities, e a Repsol, BP, Cepsa, todas vendo como co barril a 30 dólares é imposible gañar diñeiro”), recoñecía este consultor neoliberal. Unha investigación a nivel europeo mostra que a febre do hidróxeno estase a espallar a gran velocidade por toda a UE, coas empresas gasísticas á cabeza para facerse cos fondos públicos (p.ex. 7 mil millóns de euros en Francia, 9 mil en Alemaña) e xustificar a continuidade das súas infraestruturas. Visto así, non poderá sorprendernos tanto este frenesí por algo que nin tan sequera é unha fonte de enerxía e que leva canda si unha eficiencia pésima e uns riscos tan elevados, se consideramos os poderosos lobbies que a están a promover coa desculpa da loita contra a mudanza climática e a prol da chamada descarbonización da economía. Así é que as primeiras plantas no Estado español para a produción do novo combustible de moda xa están a ser anunciadas. E tamén a Xunta de Galicia incluíu nas súas improvisadas propostas para o reparto dos fondos Next Generation da UE presentadas en outubro unha planta de hidróxeno e un centro de innovación tamén adicado ao emprego enerxético deste gas.

Mais a chave para esa descarbonización e para a neutralidade climática non reside no bluff do hidróxeno verde, como asegura o goberno español. A chave real está en reducir o tamaño da economía, en abandonar un modelo económico baseado en crecer constantemente, como recentemente lembraba o pai do proxecto MEDEAS, Jordi Solé. Calquera outra vía vai supor, ademais dunha perda de tempo que non nos sobra precisamente nun contexto de emerxencia enerxética e desastre climático, a dilapidación duns recursos materiais, enerxéticos e económicos que non volveremos ter unha vez gastados. Unha dilapidación coa complicidade necesaria duns gobernantes que á parte dun gran descoñecemento das características termodinámicas de cada fonte ou vector enerxético, demostran guiarse moito máis polos lobbies empresariais que polos consellos da ciencia ou das necesidades reais da poboación. En definitiva, o hidróxeno verde constitúe unha xigantesca estafa á sociedade como parte dun pouco disimulado greenwashing do capitalismo fósil.

Energía
Hidrógeno: muchas dudas y ninguna certeza
La Unión Europea busca el incremento de potencia instalada para la electrolización del hidrógeno: de los 60 MW actuales pasaría a los 40.000 MW en 2030.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Energía nuclear
Corrupción ¿Más corrupción nuclear?
Georgia se suma a la lista de Estados que actúan en contra de los intereses de los contribuyentes.
Energía nuclear
Un nuevo cuento de hadas francés Un nuevo cuento de hadas francés
El lobo nuclear no puede engañarnos vestido de abuela.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Turismo
Vivienda y turismo De Canarias a Baleares pasando por Cantabria: la lucha por la supervivencia en los archipiélagos del turismo
Las movilizaciones contra los pisos turísticos, la masificación y un modelo enfocado al turismo que ha chocado con sus límites recorren todo el territorio español.
Ocupación israelí
ACUERDOS CON ISRAEL Un grupo de la UPV/EHU colabora en un proyecto europeo con un centro israelí vinculado al genocidio
QUENCH es una colaboración científica con el Israel Institute of Technology, que desarrolla los bulldozers teledirigidos usados en las demoliciones de casas palestinas.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Italia
Derechos a la salud ¿Se hunde la sanidad pública en Italia? Los ricos se saltan la cola
La desinversión en sanidad de los últimos años ha conducido a una carencia de profesionales sanitarias y a la proliferación de servicios de urgencias privados, en los que se paga para sortear las largas esperas que afectan a los centros públicos.
Euskal Herria
Euskal Herria El ‘Triángulo de las Bermudas’ de los fondos Next Generation engulle la transición ecosocial
Cubren el 18% de la inversión de Mercedes en Araba: 185 de 1.000 millones de euros para empezar a fabricar furgonetas eléctricas al alcance de bolsillos pudientes. Los Next Generation están condicionados a contrarreformas y una deuda mutualizada.
Palestina
Genocidio España reconoce el Estado palestino y reafirma su amistad con Israel a pesar del genocidio en Gaza
Pese a que el gesto de España, Irlanda y Noruega ha sido bienvenido por las autoridades palestinas, la última semana ha puesto en evidencia la voluntad sionista de arrasar con cualquier posibilidad de un Estado palestino real.

Últimas

Sumar
Propuesta de Sumar España es uno de los siete países de la Unión Europea sin prestaciones universales para la crianza
Todos los países del norte y el centro de la Europa de los 27 tienen ayudas para la crianza, que van desde los casi 50 euros mensuales en Eslovaquia, Letonia y Bulgaria a la 'Kindergeld' de Alemania (250 euros) y los 373 euros de los Países Bajos.
Bebés robados
Bebés Robados La ley de bebés robados vuelve al Congreso por tercera vez
Siete años después de su primera entrada en la cámara, la propuesta de ley para la investigación del robo de bebés durante el franquismo y los primeros años de la democracia será tramitada de nuevo gracias a la lucha de las asociaciones.
Actualidad LGTBIQ+
Derechos LGTBI+ Las asociaciones LGTBI+ dejan la organización del Gay Games en València
La Fundació València Diversitat, Lambda, Avegal y Dracs acusan a PP y Vox de secuestrar el proyecto y de aplicar políticas de recorte de derechos LGTBIQ+.
Opinión
Opinión Brutalismo supremacista libertariano
Reflexiones sobre la cumbre de Madrid en la que se reunieron los líderes mundiales del capitalismo gore y formación del Anthropos 2.0.
Más noticias
Genocidio
Genocidio La Unión Europea convocará a Israel para evaluar el acuerdo preferencial por la violación de derechos humanos
El Consejo de la Unión Europea envía una señal de advertencia al régimen de Netanyahu después de que la Corte Internacional de Justicia pidiera el fin inmediato de la campaña de exterminio en Rafah.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza Israel desobedece a la CIJ y provoca una nueva masacre en un campo de refugiados de Gaza
Tres días después de que la Corte Internacional de Justicia ordenase a Tel Aviv detener los ataques, el ejército de Israel bombardea una “zona humanitaria” y asesina al menos a 50 palestinos.
Genocidio
Lucha contra el genocidio Acampada en la Universidad Complutense: las esporas del 15M que han germinado por Palestina
Estudiantado organizado de manera asamblearia que ya suma 500 tiendas de campaña desafía al consejo de rectores madrileños y promete resistir hasta que se rompan relaciones con Israel.

Recomendadas

Inteligencia artificial
Inteligencia artificial IA y crisis climática: las grandes tecnológicas escogen España para instalar sus gigantescos centros de datos
El boom de la IA ha disparado las necesidades de computación de los centros de datos y su consumo de agua. Las grandes tecnológicas buscan nuevas regiones para instalarlos. España entre ellos.
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.
Memoria histórica
Eduardo Pérez “Quería recordar a las mejores generaciones que han pasado por España”
El periodista Eduardo Pérez, colaborador habitual de El Salto, firma ‘Contigo empezó todo’ un libro que rescata 30 momentos estelares de la otra historia de España, olvidada, silenciada y vilipendiada por el relato oficial.
Albania
Turistificación La otra cara de la Riviera Albanesa
La apuesta del Gobierno albanés de poner el futuro económico en manos del sector turístico está llevando a una masificación del sector que se traduce en la degradación del medio ambiente y un fuerte encarecimiento de la vivienda.