Infancia
Medrar no rural: A natureza como escola e outros xeitos de habitar

Crecer no rural é crecer normalizando a precariedade dos servizos públicos. Pero tamén é unha oportunidade para aprender a habitar o mundo de maneira responsable, pracenteira e lonxe das enfermidades e valores do capital.

Infancia no rural
Xornalista feminista
12 feb 2020 21:30

Os programas institucionais que pretenden evitar a centenaria emigración das zonas rurais galegas aínda pensan que só con inverter na industria, vaise a solucionar a situación. Pero se o acceso aos servizos básicos está cada vez máis obstaculizado, por máis diñeiro que inxecten ao sector de produción, as estatísticas non rexistrarán gran cambio.

Ata entón, a loita contra a precariedade seguirá formando parte da axenda cotiá porque, aínda que a clase política non poda comprendelo, hai xente que quere e vai vivir e criar no campo.

*** 

Todas podemos estar de acordo nunha cousa: non é o mesmo que ao saír de casa o primeiro que vexas sexa unha un monte verde no horizonte, e non o bloque de cemento xigante que é un edificio. Non é o mesmo que polas tardes se escoite o canto dos merlos ou os ouleos dun can ao lonxe, que a bucina dun coche no tráfico. E, non é o mesmo o cheiro a terra, o aire limpo, que a mestura de fedores de insospeitadas procedencias.

Con todo, ser unha nena ou neno e vivir na cidade pode ter boas vantaxes. As escolas e os servizos públicos están á man e hai millóns de opcións para divertirse. Máis medrar na cidade tamén implica aprender e normalizar un estilo de vida onde o estrés está presente a todo arredor e desenvolvese en espazos onde a lóxica de consumo e produtividade está a esperar en canto se abre a porta da casa. 

Eu medrei nunha das cidades máis grandes do mundo e nunca pensei que o meu ambiente vital fora daniño dalgún xeito. Os problemas nerviosos de meus pais, a miña ansiedade por aproveitar o tempo ao máximo dende os oito anos eran cousas que pasaban a todos, cosas do corpo que estaban relacionados co carácter persoal... 

Máis logo comecei a escoitar de proxectos como “Os baños de bosque”. Estes “baños” son unha iniciativa que xurde en Xapón como medida contra a alta porcentaxe de poboación con problemas de ansiedade, hipertensión e estrés da vida urbana na nosa contemporaneidade. Nun principio, consisten en camiñadas de dous horas polo bosque e exercicios de respiración. Máis non é a única práctica onde se pretende curar certos tipos de enfermidades a través do contacto da natureza. Mais, para valorizala teñen que aparecer e popularizarse estes tipos de “ecoterapias”?

*** 

Patricia Puga é unha muller que abandonou a vida na cidade dende hai anos e que agora vive nunha aldea rodeada de bosques, ríos, animais... 

“Estar aquí me ten ensinado a convivir en igualdade coa natureza, os animais e os seres humanos; en ser consciente de todos os que habitamos e nos que habitarán este mesmo espazo”. 

Despois dun par de anos, ela mesma fondou Bosquexo, un proxecto dedicado á infancia e á educación a través da interacción coa natureza. 

“Os nenos deben sentir a natureza para entender por eles mesmos moitas cousas. Se ninguén lles ofrece estes espazos, non terán contacto con ela. A través dela pode fomentarse o respecto, a confianza, a cooperación… Adquiren ferramentas e coñecementos novos que non poderían aprender doutra maneira noutro espazo. No meu fillo, por exemplo, vexo un ser incriblemente esperto e interesado por todo o que lle rodea”. 

O contacto coa vida non humana é unha mestra da autonomía, do recoñecemento de aquilo que está fora de cada quen e automaticamente substitúe o antropocentrismo coa certeza tanxible de ser unha peza que conforma un todo. 

No mesmo sentido, é o mellor xeito de entender por que debemos coidar o mundo. A través de entrar en contacto con el, dámonos conta do que nos dá. Isto abre a posibilidade de aprender que tamén nós podemos darlle algo de volta por medio do coidado. 

O coñecemento dos astros, das estacións e a predición do tempo a través da lectura dos ceos son saberes que son dominados pola comunidade rural e que supoñen un xeito de comprender os procesos naturais, os efectos que poden ter na nosa vida e cal é o noso lugar no mundo.
Medrar cerca dos procesos de sementa, que poñen en práctica ditos saberes, tamén é una forma de aprender o ciclo da vida mesma e, una vez máis, da importancia do coidado no traballo e nas relacións sociais. 

Así, cando se rega unha árbore, se espera a que medre e se lle mira mudar día a día, a produtividade adquire un enfoque distinto ao que se aprende nas cidades onde asemella que todo pode ter unha solución rápida. Un pódese dar de conta e aprende a respectar o feito de que cada cousa ten o seu ritmo e proceso propio. 

Crecer sabendo que un forma parte activa do mundo dá dimensión á importancia e o alcance da acción individual e colectiva na construción do lugar no que vivimos. 

Se o miramos desta forma, a vida no campo pode chegar a ser unha posibilidade de habitar o mundo dun xeito un pouco máis alleo aos procesos capitalistas; onde se prioresa á vida sobre a produción e o inmediato, o coidado sobre a explotación, e os procesos colectivos fronte unha lóxica competitividade normalizada ata nos obxectivos dos planes de estudio da educación pública.

*** 

Como non amar a natureza se podemos mirar como nos alimenta, se nos brinda o espazo para correr e desfrutar, se cada folla ou diminuta formiga é unha invitación a descubrir a beleza, se nos amosa que a vida, ao contrario do que nos fan crer, non costa nada? 

Vivir no rural, en medio da natureza, é un privilexio que enriquece e que, polo tanto, debería ser accesíbel para todas as persoas que desexen achegarse a el. Que as institucións gobernamentais obstaculicen e precaricen a vida no campo pode ser visto como unha afronta contra a saúde, contra un benestar ao que todos teríamos que ter o dereito sen que iso significara os prezos e sacrificios que implican hoxe.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Educación
Recortes en Educación Mendigando plazos y plazas
Sobre dos casos recientes en Alburquerque que reflejan la tendencia a cerrar servicios públicos sin previo aviso, como la Escuela Hogar y el ciclo superior de Administración y Finanzas.
Medio rural
Enerxías renovables A empresa eólica que explota o monte Acibal segue traballando malia a paralización decretada polo TSXG
A plataforma Amil sen Eólicos e a organización ecoloxista Adega demandan ao Tribunal Superior que dispoña forzas de seguridade pública na zona para verificar que tipo de tarefas están a realizarse e se cumpren co auto de paralización.
Energías renovables
Renovables La empresa eólica que explota el monte Acibal sigue trabajando pese a la paralización decretada por el TSXG
La plataforma Amil sen Eólicos y la organización ecologista Adega demandan al Tribunal Superior que disponga fuerzas de seguridad pública en la zona para verificar qué tipo de tareas se están realizando y si cumplen con el auto de paralización.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Unión Europea
Unión Europea La extrema derecha impone su visión de las migraciones en unas elecciones presididas por el miedo
Los discursos antimigración han protagonizado la campaña en toda la Unión Europea. El Partido Popular de Manfred Weber y Ursula Von der Leyen ha marcado el tempo de sus sucursales nacionales, incluyendo al PP de Feijóo.
Ecología
Ecologismo Las dos caras de Teresa Ribera
La vicepresidenta tercera del Gobierno es la número uno en la papeleta del PSOE para las elecciones europeas.
Lobbies
Lobbies Atlas Network, el think tank ultraliberal que gana terreno en la UE de la mano de la agenda anticlimática
Una investigación de un laboratorio de control corporativo francés revela que una poderosa asociación global de lobistas libertarios empieza a abrir puertas en la UE en el afán de retroceder la justicia social y las políticas ambientales.
Palestina
Genocidio Israel mata a más de 200 personas para liberar a cuatro rehenes
El Estado sionista prosigue con el genocidio en Gaza, atacando campos de refugiados en el centro de la Franja y colapsando hospitales. Tras ocho meses de genocidio, solo hay 15 centros sanitarios parcialmente activos y cinco de campaña.
Artes escénicas
Artes escénicas Las violaciones de Lucrecia: el legado del #MeToo en el teatro
Cuatro siglos después, Lucrecia responde a Shakespeare no con refinadas rimas reales, sino con la dura prosa del testimonio escénico. En el teatro se multiplican las Lucrecias de carne y hueso que cuentan su historia en todos los formatos posibles.

Últimas

Sidecar
Sidecar Mauritania, Mali: guerra y crisis de refugiados en el Sahel
En los últimos meses las tensiones internacionales en Mauritania han amenazado con desbordarse. El origen de las mismas es el colapso de la indisputada hegemonía occidental en el Sahel.
La vida y ya
La vida y ya Preguntas no hechas
No me atreví nunca a preguntarles qué había dentro de la frase “no hay nada peor que una guerra y una posguerra”.
Desigualdad
Solidaritat Aprenentatge entre iguals per a garantir el dret a l'alimentació
Justícia Alimentària i ACOEC continuen per tercer any consecutiu amb el seu projecte Entre Iguales. Aquest projecte impulsa la formació de líders comunitàries per fomentar el dret a l’alimentació a la ciutat de València.
Energías renovables
Renovables sí pero no así Marcha multitudinaria en Granada exigiendo “renovables sí, pero no así”
Colectivos sociales de distintas comarcas de Almería y Granada reivindican “parar y reformular” el modelo especulativo y extractivista actual con graves consecuencias en los territorios que pronto no tendrá “marcha atrás”.
Entrevista La Poderío
Bethlehem Habboob “Es fundamental llevar el boicot a Israel a lo académico”
Bethlehem Habboob es una activista andaluzo-palestina. Junto al estudiantado, y gracias a las movilizaciones contra el genocidio del pueblo palestino en Gaza, han conseguido que la Universidad de Granada rompa sus relaciones académicas con Israel.
Más noticias
Elecciones
Elecciones europeas Lo verde ya no cotiza al alza: la difícil campaña en Europa para los ecologistas
El grupo de los verdes podría perder en estas elecciones europeas un tercio de sus eurodiputados y pasar de cuarta a sexta fuerza en el Parlamento Europeo.
Italia
Italia Meloni proyecta su modelo ultraderechista sobre Europa
Todas las encuestas indican que Hermanos de Italia se impondrá en las elecciones a la Eurocámara con un 27% de los votos. Su líder se presenta como cabeza de lista en los comicios, aunque renunciará a su acta.
Deportes
Escalada Escalada libre de gordofobia y violencias, ¿es posible?
Desde los trastornos alimentarios que afectan a las profesionales hasta las miradas críticas que impiden que personas nuevas en el deporte se inicien. ¿Qué se puede hacer para que la escalada se llene de cuerpos diversos?
Desokupa
Fascismos La denuncia contra Llados y el lavado de cara de la ultraderecha
Es indignante cómo en muchísimos medios de comunicación se ha hablado de la denuncia obviando ese pequeño dato de que son fuerzas fascistas las que la llevan adelante.

Recomendadas

Migración
Migraciones Hein de Haas: “Hay que hablar menos de inmigración y más de los problemas socioeconómicos”
El libro 'Los mitos sobre la inmigración' (Península), de Hein de Haas, pretende los prejuicios que asfixian el debate e impiden emprender políticas migratorias coherentes y humanas.
Unión Europea
Elecciones para el Parlamento Europeo Manu Pineda: “La Unión Europea ya no puede ocultar su rostro más autoritario y belicista”
Número 4 de Sumar para las elecciones del 9 de junio, Pineda lleva desde 2019 ejerciendo como eurodiputado, tras formar parte de las listas de Unidas Podemos. Integrante de IU y el PCE, denuncia la complicidad de la UE con el genocidio sionista.
Elecciones
Elecciones europeas Serigne Mbaye: “Si llego, voy a estar en el Parlamento y en la calle. Si no llego, sigo a pie de calle”
El exdiputado madrileño se presenta en las elecciones europeas en el puesto número cuatro en la lista de Podemos. En esta entrevista habla de los cambios que están teniendo lugar en Senegal, su país de origen.