O prelo
‘Pequeno País’ ou como narrar o horror para construír futuro

Gäel Faye escribe sobre un dos acontecementos máis cruentos da humanidade para crear luz e alumear o porvir.
30 may 2022 10:03

Ano 1993. Burundi celebra as súas primeiras eleccións democráticas. Trala súa independencia, o país vivira nunha monarquía e despois, nunha ditadura militar. A promesa do cambio levantara os ánimos da xente, quen, por primeira vez desde o réxime colonial, podían elixir o seu goberno. Mais a toma de posesión de Melchior Ndadaye como presidente fíxose baixo a sombra do xenocidio de 1972.

Pequeno País narra a experiencia de Gaby, un neno de dez anos que vive o desenvolvemento da tensión política até a explosión do xenocidio de 1993. Rinoceronte Editora traduce este testemuño dunha infancia que, de súpeto, vese raxada pola violencia.

O autor, Gaël Faye (Burundi, 1982) formou a súa carreira musical e literaria en Francia, onde emigrou aos 13 anos para fuxir da guerra civil do seu país natal. No 2013 publicou o seu primeiro disco  titulado Pili-pili sur un croissant au beurre, un traballo que aborda a  experiencia do exilio en Francia e que, musicalmente, está composto por influencias do rap, da samba, do jazz, do soul e da rumba congolesa. No 2016 publica Pequeno País e gaña importantes galardóns como o Prix du Roman Fnac e o Goncoiurt des Lycéens.

Pequeno País é un relato semibiográfico. A experiencia do autor, depositada en gran medida no libro, ofrece un testemuño fidedigno do que supuxo o xenocidio para a poboación de Ruanda e Burundi. O texto axúdanos a comprender con maior complexidade os acontecementos que desencadearon o conflito armado que golpeou  Burundi por máis de 13 anos. A mirada de Faye sinala a perspectiva colonial que aínda se ten desde Europa sobre a política do continente africano e tamén visibiliza o dano e as consecuencias do racismo e do colonialismo europeo antes e durante as masacres. Pero, mais que iso, parece que a pregunta que guía a escrita do libro é: como narrar o inarrable?, de que xeito narrar o horror?

“Xa non habito en ningures. Habitar significa fundirse carnalmente na topografía dun lugar. Aquí nada diso. Só estou de paso. O meu piso cheira a pintura fresca e linóleo novo. Os meus veciños son uns completos descoñecidos que evito cordialmente na escaleira. Fixéronme falta anos para integrarme, como se adoita dicir.
Hai vinte anos que regreso; de noite en soños, de día co pensamento; ao meu barrio, a aquel tempo suspendido no que vivía feliz coa miña familia e cos meus amigos. A infancia deixoume marcas coas que non sei que facer.”

Pequeno País comeza no presente, co personaxe principal tentando dar orde aos seus episodios de vida. É o preámbulo que medita sobre as pegadas do pasado e de como, por máis anos que pasen, a experiencia do exilio non deixa de incidir na nosa identidade. 

A historia familiar da personaxe central está determinado pola guerra. A súa nai nacera en Ruanda e fuxira a Burundi por mor das matanzas sistemáticas de poboación tutsi durante os anos 60. O pai, por outra banda, é un francés que chegara a Burundi para realizar o servizo civil. Gaël Faye é moi puntual en sinalar o privilexio do que gozara por ser fillo dun home branco. O seu nivel socioeconómico reflíctese no feito de vivir nunha calella onde residían principalmente persoas europeas e que tiña unha casa propia con persoal de servizo contratado.

Esta burbulla familiar que protexera a Gaby ao longo da infancia comeza a se romper co divorcio dos seus pais. Esta separación, que creba o mundo ideal da infancia, sucede á par dos pequenos e case imperceptibles anuncios da guerra. Durante a primeira parte do libro vemos a aparición ao lonxe dos discursos de odio na forma de murmurios que chegan polo aire desde o país veciño, doutro lado da fronteira, fóra da calella.

Como sucedera en Demian, de Herman Hesse, a guerra comeza a inundar o mundo infantil até desbordalo. En Pequeno País, a discriminación e o odio entre hutus e tutsis aparece en comentarios puntuais durante os xogos do colexio. Sen comprender en que radican as diferenzas entre unha etnia e outra, as nenas e nenos comezan a reproducir a violencia e o odio propio do mundo adulto.

“Na escola, as relacións entre os alumno burundianos cambiaran. (...) Ata o día en que, no recreo, dous rapaces pelexaron. Os demais rapaces dividíronse rapidamente en dous grupos. ‘Sucios hututs’, dicían uns. ‘Sucios tutsis’, retrucaban os outros. Es tarde, por primeira vez na miña vida, penetrei na realidade profunda deste país.”

A lóxica da guerra e a súa espiral de violencia faise inevitable cando entra ao círculo de amizades de Gaby. De súpeto, os xogos, as actividades de lecer comezan a ser substituídas por unha obsesión por “defenderse” e formar parte das bandas que buscan vingarse dos hutus.

Neste sentido, Gaël Faye dialoga directamente co libro On earth we’re briefly gorgeous do seu contemporáneo Ocean Vuong. Ambas novelas falan da experiencia do exilio por mor da guerra. Tanto Vuong, en Estados Unidos exiliado de Vietnam, como Faye, viven desde pequenos o conflito interior que supón entender o que supuxo para a súa familia a guerra e vivir coas as pegadas que ten a violencia neles e na súa familia aínda despois de décadas. 

Mais quizabes é por ese curioso e relativo afastamento producido polo feito de vivir a maior parte da súa vida nun país diferente ao de orixe, o que leva aos dous autores a preguntarse como narrar a miseria humana e como poder reconstruír a vida?, de que xeito crear luz no medio da escuridade a través das palabras?

“Non hai que dubidar da beleza das cousas, nin sequera baixo un ceo torturador. Se no te abraian o canto do galo ou a luz por riba dos cumios, se non cres na bondade da túa alma, entón deixas de loitar e é coma se estiveses xa morto.”

A obsesión de querer volver ao estado de inocencia propio da infancia está presente tanto en On earth we’re briefly gorgeous, como en Pequeno País. A viaxe retrospectiva que Vuong e Faye inician implica mergullarse nos episodios máis escuros da humanidade para tomar a dor e remodelalo. Toman o horror para convertelo en vida.

“Convertera a miña felicidade nunha fortaleza e a miña inxenuidade, nun templo.”

O achegamento que ambos autores teñen coa literatura desde a infancia e durante os momentos máis difíciles, lembra, sen dúbida, ao texto de Michelle Petit, A arte da lectura en tempos de crise, na que a autora expón:

“Algunhas lecturas abren a porta cara á lugares distintos e momentos de ilusión que permiten construír un país interior, un espazo psíquico, e apuntalar o proceso de autonomización, a construción dunha posición de suxeito.”

Nese sentido,  a literatura é unha das vías que se nos ofertan para pensar nos procesos de rexeneración no medio da morte. É unha oportunidade que responde á necesidade de contar a historia máis cruenta e, ao mesmo tempo, de crear beleza para alumear a reconstrución do futuro. Pequeno País forma parte desa literatura que tenta vencellar as roturas do espírito e da comunidade, que se resiste a enchoupar de tebras a alma.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
Literatura
Literatura al margen Las editoriales indómitas se asientan en la Feria del Libro de Madrid con un requisito: saltarse las normas
Más de 40 sellos no convencionales pasan por la cita literaria más importante de Madrid unidos por no seguir los canales habituales de distribución, prescindir del ISBN y entender el libro como un formato más allá del contenido.
Literatura
Literatura Centenario de la muerte del anarquista Franz Kafka
Algunos episodios de su biografía y el contenido de textos como ‘El Proceso’ o ‘El Castillo’ permiten aventurar la filiación anarquista de Franz Kafka, de cuyo fallecimiento se cumple un siglo.
Unión Europea
Unión Europea La extrema derecha impone su visión de las migraciones en unas elecciones presididas por el miedo
Los discursos antimigración han protagonizado la campaña en toda la Unión Europea. El Partido Popular de Manfred Weber y Ursula Von der Leyen ha marcado el tempo de sus sucursales nacionales, incluyendo al PP de Feijóo.
Ecología
Ecologismo Las dos caras de Teresa Ribera
La vicepresidenta tercera del Gobierno es la número uno en la papeleta del PSOE para las elecciones europeas.
Lobbies
Lobbies Atlas Network, el think tank ultraliberal que gana terreno en la UE de la mano de la agenda anticlimática
Una investigación de un laboratorio de control corporativo francés revela que una poderosa asociación global de lobistas libertarios empieza a abrir puertas en la UE en el afán de retroceder la justicia social y las políticas ambientales.
Palestina
Genocidio Israel mata a más de 200 personas para liberar a cuatro rehenes
El Estado sionista prosigue con el genocidio en Gaza, atacando campos de refugiados en el centro de la Franja y colapsando hospitales. Tras ocho meses de genocidio, solo hay 15 centros sanitarios parcialmente activos y cinco de campaña.
Artes escénicas
Artes escénicas Las violaciones de Lucrecia: el legado del #MeToo en el teatro
Cuatro siglos después, Lucrecia responde a Shakespeare no con refinadas rimas reales, sino con la dura prosa del testimonio escénico. En el teatro se multiplican las Lucrecias de carne y hueso que cuentan su historia en todos los formatos posibles.

Últimas

Sidecar
Sidecar Mauritania, Mali: guerra y crisis de refugiados en el Sahel
En los últimos meses las tensiones internacionales en Mauritania han amenazado con desbordarse. El origen de las mismas es el colapso de la indisputada hegemonía occidental en el Sahel.
La vida y ya
La vida y ya Preguntas no hechas
No me atreví nunca preguntarles qué había dentro de la frase “no hay nada peor que una guerra y una posguerra”.
Desigualdad
Solidaritat Aprenentatge entre iguals per a garantir el dret a l'alimentació
Justícia Alimentària i ACOEC continuen per tercer any consecutiu amb el seu projecte Entre Iguales. Aquest projecte impulsa la formació de líders comunitàries per fomentar el dret a l’alimentació a la ciutat de València.
Energías renovables
Renovables sí pero no así Marcha multitudinaria en Granada exigiendo “renovables sí, pero no así”
Colectivos sociales de distintas comarcas de Almería y Granada reivindican “parar y reformular” el modelo especulativo y extractivista actual con graves consecuencias en los territorios que pronto no tendrá “marcha atrás”.
Entrevista La Poderío
Bethlehem Habboob “Es fundamental llevar el boicot a Israel a lo académico”
Bethlehem Habboob es una activista andaluzo-palestina. Junto al estudiantado, y gracias a las movilizaciones contra el genocidio del pueblo palestino en Gaza, han conseguido que la Universidad de Granada rompa sus relaciones académicas con Israel.
Más noticias
Elecciones
Elecciones europeas Lo verde ya no cotiza al alza: la difícil campaña en Europa para los ecologistas
El grupo de los verdes podría perder en estas elecciones europeas un tercio de sus eurodiputados y pasar de cuarta a sexta fuerza en el Parlamento Europeo.
Italia
Italia Meloni proyecta su modelo ultraderechista sobre Europa
Todas las encuestas indican que Hermanos de Italia se impondrá en las elecciones a la Eurocámara con un 27% de los votos. Su líder se presenta como cabeza de lista en los comicios, aunque renunciará a su acta.
Deportes
Escalada Escalada libre de gordofobia y violencias, ¿es posible?
Desde los trastornos alimentarios que afectan a las profesionales hasta las miradas críticas que impiden que personas nuevas en el deporte se inicien. ¿Qué se puede hacer para que la escalada se llene de cuerpos diversos?
Desokupa
Fascismos La denuncia contra Llados y el lavado de cara de la ultraderecha
Es indignante cómo en muchísimos medios de comunicación se ha hablado de la denuncia obviando ese pequeño dato de que son fuerzas fascistas las que la llevan adelante.

Recomendadas

Migración
Migraciones Hein de Haas: “Hay que hablar menos de inmigración y más de los problemas socioeconómicos”
El libro 'Los mitos sobre la inmigración' (Península), de Hein de Haas, pretende los prejuicios que asfixian el debate e impiden emprender políticas migratorias coherentes y humanas.
Unión Europea
Elecciones para el Parlamento Europeo Manu Pineda: “La Unión Europea ya no puede ocultar su rostro más autoritario y belicista”
Número 4 de Sumar para las elecciones del 9 de junio, Pineda lleva desde 2019 ejerciendo como eurodiputado, tras formar parte de las listas de Unidas Podemos. Integrante de IU y el PCE, denuncia la complicidad de la UE con el genocidio sionista.
Elecciones
Elecciones europeas Serigne Mbaye: “Si llego, voy a estar en el Parlamento y en la calle. Si no llego, sigo a pie de calle”
El exdiputado madrileño se presenta en las elecciones europeas en el puesto número cuatro en la lista de Podemos. En esta entrevista habla de los cambios que están teniendo lugar en Senegal, su país de origen.