O prelo
Deixalo todo, empezar de novo, construír o sentido

Despois de varios anos escribindo en inglés, Eva Moreda volve ao galego cunha novela curta que cuestiona o sentido da estabilidade na vida.
Para toda a vida Aira Ed
3 abr 2021 08:56

A experiencia migratoria está sempre relacionada cunha especie de duelo confrontación. Partir sempre suscita desconsolo porque as perdas son innumerables e van alén da familia e as amizades. Tamén hai unha certa perda da identidade, da terra natal. Esta ferida non remata nunca. Non basta co retorno, pois unha regresa a un lugar distinto do que deixou atrás. A sensación de incompatibilidade fainos sentir que xa non temos un fogar, que xa non pertencemos a ningures.

Isto é un dos temas centrais de Para toda a vida. A súa autora, Eva Moreda, naceu en 1981 en A Veiga, Asturias, mais medrou en Ribadeo. É licenciada en Filoloxía Clásica e Musicoloxía. Como escritora empezou a publicar e gañar premios literarios desde os 16 anos. Ten traballado como docente e investigadora en varias universidades inglesas. Actualmente é profesora de musicoloxía na Universidade de Glasgow. É autora de varios libros, dos que destacan Breogán de Guisamonde, o cabaleiro da gaivota (1997) e Organoloxía (2010) , cos cales gañou os certames Rúa Nova de Narracións Xuvenís e Premio Narrativas Quentes, respectivamente.

Para toda a vida é o seu penúltimo libro e foi publicado a finais do 2020 pola editorial allarizá Aira. Nesta curta novela, Moreda fala da emigración e do rural sen caer en estereotipos, sen a molesta folclorización dunha Galiza imaxinaria que non reflicte a realidade.

A historia segue a Paula, unha muller que leva nove anos vivindo en Londres, onde exerce como profesora. Na súa visita anual á Viladride, vila en que medrou, o seu pai falece. É quizabes este acontecemento é o que lle fai repensar o curso da súa vida e darlle un xiro: abandona a súa vida na capital inglesa e queda a vivir coa súa nai na vila por tempo indeterminado. E digo “quizabes” porque todo sucede, como nas dramaturxias de Harold Pinter, no silencio. As conversacións curtas e sinxelas ocultan entre liñas o que as personaxes realmente están a dicir, a pensar, a sentir.

A confusión de Paula con respecto a que rumbo tomar e se debe procurar antes que outra cousa a estabilidade, lévaa a adoptar un estado de ánimo taciturno, case inexpresivo, ao estilo do protagonista de O Estranxeiro de Albert Camus. Nesta especie de etapa nihilista en que todo carece de sentido, Paula comeza a illarse nunha profunda soidade mentres, paradoxicamente, mantén varias relacións con homes totalmente diferentes, como se a través delas quixese atopar unha parte súa, un lugar no que se sinta comprendida.

Eva Moreda describe o que supón o encontro entre unha emigrante retornada e a súa terra. Fai un retrato do que é a vida nas pequenas comunidades, onde prima a idea de que o de fóra, neste caso Inglaterra, é moito mellor e ten máis valor ca o dunha pequena vila, onde “non hai futuro”. A emigración como o único camiño para ser alguén. Por iso, Paula é vista pola súa veciñanza como alguén que acadou o éxito só polo feito de estudar e traballar no estranxeiro. Isto esperta incomprensión por dúas razóns: polo feito de retornar e polo feito de truncar precipitadamente un camiño de vida xa bastante construído.

“Víñame xente dicir no tanatorio: Que ben estarás en Inglaterra, eh? Que ben fixeches en marchar de aquí, que ben ser que Inglaterra será un país normal no que a xente coma ti atopa sitios. (...)”

A escritura de Moreda é concisa e reproduce a oralidade con mestría, sen tópicos. A liña de pensamento da protagonista, a narradora, non é particularmente expresiva, mais non por iso baleira ou superficial. Todo se mantén no ton da cotiandade, dota ás personaxes de realismo e fainos prestar máis atención ao que realmente está a ocorrer baixo a superficie. Sutilmente, Eva Moreda reproduce a complexidade das relacións humanas, dos acordos, da incompatibilidade. E nós, como lectoras, recoñecémonos nesa complexidade.

Para toda a vida é un deses libros que interpelan o noso desconcerto fronte o sentido da vida. É unha reflexión sobre unha pregunta: o que para uns significa satisfacción e felicidade, representa o mesmo para nós? A autora pon en cuestión a concepción de que o sentido da vida é atopar algo que dure “para toda a vida”, unha relación, un traballo ou un fogar estable. A permanencia é sinónimo de inmobilidade, antónimo mesmo da vitalidade.

“Penso que xa tanto ten vivir en Viladride, Lugo, Londres: moito tempo non van aguantar ningún destes sitios sen botarte para este lado ou para estoutro cando lles dea a gana. (...) Volvo a botarme a chorar cando imaxino a miña nai a dicir: A ver, Paula. Non se poden botar raíces cando queiras, onde queiras, despois de pasar anos que o que menos che preocuparon foron as raíces. Pero mamá non fala así; diría que ela de raíces nada máis que as patacas”.

Así, o libro exhórtanos ao movemento, a constante reflexión e atención aos nosos desexos; lémbranos a importancia dos afectos, do consolo da compañía. Mais, tamén advírtenos da ilusión  que exixe saír lonxe para atopar as respostas das nosas inquietudes. Estas non se atopan nunhas coordenadas específicas. Á maneira de Cavafis, o texto de Eva Moreda di: “Irás a outras terras, a outros mares. / Procurarei unha cidade mellor ca esta / na que os meus afáns non se cumpriron nunca” (...) Non existen para ti outras terras, outros mares. /Esta cidade irá onde ti vaias”. O único continuo e estable na nosa vida, ao final, somos nós mesmas. E nin tanto.

Archivado en: O prelo
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O prelo
O prelo Collige, Kylie Jenner, rosas
A editora Catro Ventos trae á lingua galega Na sala dos espellos, de Liv Strömquist.
O prelo
O prelo E que facemos con esta dor?
A última novela de Berta Dávila reflexiona sobre os vínculos familiares e os distintos xeitos de afrontar o dó.
Turismo
Vivienda y turismo De Canarias a Baleares pasando por Cantabria: la lucha por la supervivencia en los archipiélagos del turismo
Las movilizaciones contra los pisos turísticos, la masificación y un modelo enfocado al turismo que ha chocado con sus límites recorre todo el territorio, desde Canarias a Baleares, pasando por Catalunya, Madrid, País Valencià y la costa cantábrica.
Palestina
Palestina Activistas reclaman al Gobierno español: el reconocimiento del Estado palestino no acabará con el genocidio
Decenas de personas han toman el vestíbulo de Atocha en protesta por la intensificación de los bombardeos de las FDI sobre la población civil y ven inutilidad en el reconocimiento de Palestina como Estado si acciones reales contra Israel.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Euskal Herria
Euskal Herria El ‘Triángulo de las Bermudas’ de los fondos Next Generation engulle la transición ecosocial
Cubren el 18% de la inversión de Mercedes en Araba: 185 de 1.000 millones de euros para empezar a fabricar furgonetas eléctricas al alcance de bolsillos pudientes. Los Next Generation están condicionados a contrarreformas y una deuda mutualizada.
Palestina
Genocidio España reconoce el Estado palestino y reafirma su amistad con Israel a pesar del genocidio en Gaza
Pese a que el gesto de España, Irlanda y Noruega ha sido bienvenido por las autoridades palestinas, la última semana ha puesto en evidencia la voluntad sionista de arrasar con cualquier posibilidad de un Estado palestino real.
Sumar
Propuesta de Sumar España es uno de los siete países de la Unión Europea sin prestaciones universales para la crianza
Todos los países del norte y el centro de la Europa de los 27 tienen ayudas para la crianza, que van desde los casi 50 euros mensuales en Eslovaquia, Letonia y Bulgaria a la 'Kindergeld' de Alemania (250 euros) y los 373 euros de los Países Bajos.
Bebés robados
Bebés Robados La ley de bebés robados vuelve al Congreso por tercera vez
Siete años después de su primera entrada en la cámara, la propuesta de ley para la investigación del robo de bebés durante el franquismo y los primeros años de la democracia será tramitada de nuevo gracias a la lucha de las asociaciones.

Últimas

Actualidad LGTBIQ+
Derechos LGTBI+ Las asociaciones LGTBI+ dejan la organización del Gay Games en València
La Fundació València Diversitat, Lambda, Avegal y Dracs acusan a PP y Vox de secuestrar el proyecto y de aplicar políticas de recorte de derechos LGTBIQ+.
Opinión
Opinión Brutalismo supremacista libertariano
Reflexiones sobre la cumbre de Madrid en la que se reunieron los líderes mundiales del capitalismo gore y formación del Anthropos 2.0.
Genocidio
Genocidio La Unión Europea convocará a Israel para evaluar el acuerdo preferencial por la violación de derechos humanos
El Consejo de la Unión Europea envía una señal de advertencia al régimen de Netanyahu después de que la Corte Internacional de Justicia pidiera el fin inmediato de la campaña de exterminio en Rafah.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza Israel desobedece a la CIJ y provoca una nueva masacre en un campo de refugiados de Gaza
Tres días después de que la Corte Internacional de Justicia ordenase a Tel Aviv detener los ataques, el ejército de Israel bombardea una “zona humanitaria” y asesina al menos a 50 palestinos.
Más noticias
Genocidio
Lucha contra el genocidio Acampada en la Universidad Complutense: las esporas del 15M que han germinado por Palestina
Estudiantado organizado de manera asamblearia que ya suma 500 tiendas de campaña desafía al consejo de rectores madrileños y promete resistir hasta que se rompan relaciones con Israel.
Mugimendu Sozialista
Mugimendu Sozialista Bernardo Atxaga y Joseba Sarrionandia censuran el veto a GKS en las txosnas de Bilbao y Gasteiz
Los escritores se adhieren a una lista de 150 artistas, entre los que están Fermin Muguruza o Itziar Ituño, para reclamar que “la participación en las fiestas populares sea un derecho universal”
Sidecar
Sidecar Nación favorecida: anatomía del vínculo anglo-estadounidense
El lento crecimiento económico de la economía británica registrado desde 2008 contrasta con el vertiginoso aumento de los beneficios obtenidos en el país por las empresas tecnológicas estadounidenses.

Recomendadas

Inteligencia artificial
Inteligencia artificial IA y crisis climática: las grandes tecnológicas escogen España para instalar sus gigantescos centros de datos
El boom de la IA ha disparado las necesidades de computación de los centros de datos y su consumo de agua. Las grandes tecnológicas buscan nuevas regiones para instalarlos. España entre ellos.
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.
Memoria histórica
Eduardo Pérez “Quería recordar a las mejores generaciones que han pasado por España”
El periodista Eduardo Pérez, colaborador habitual de El Salto, firma ‘Contigo empezó todo’ un libro que rescata 30 momentos estelares de la otra historia de España, olvidada, silenciada y vilipendiada por el relato oficial.
Albania
Turistificación La otra cara de la Riviera Albanesa
La apuesta del Gobierno albanés de poner el futuro económico en manos del sector turístico está llevando a una masificación del sector que se traduce en la degradación del medio ambiente y un fuerte encarecimiento de la vivienda.