Educación
Como 15 anos de PP na Xunta aniquilaron a oferta de material educativo en galego

O decreto de plurilingüismo, impulsado por Feijóo e Rueda, castelanizou todas as etapas educativas e restrinxiu o mercado ás editoriais galegas: xa non hai libros de Tecnoloxía en galego.
Rueda y Feijóo
Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feijóo. Foto: Partido Popular.

Un desembolso de máis de nove millóns de euros foi o que se calculou no 2010 que supoñería a compra de libros de texto en castelán tras a entrada en vigor do Decreto 79/2010, coñecido como decreto de plurilingüismo, que forzaba a desbotar as anteriores guías didácticas de materias como Matemáticas ou Física e Química. O seu predecesor, o Decreto 124/2007 promovido polo bipartito, establecía un mínimo do 50% en galego en todas as etapas do ensino non universitario e fixaba a obrigatoriedade de impartir nesta lingua unha serie de materias na Primaria e na ESO, entre elas as dúas mencionadas.

Galego
'Sotaques' (II): Galegos prohibidos
VV.AA.
Afondamos nos ámbitos ou circunstancias que fan que a fala do galego en Galiza está a ser ameazada.

A mobilización da dereita contra a “imposición do galego” marcou a carreira electoral das autonómicas do 2009, algo que quedou estampado nas fotografías de Albert Rivera (Ciudadanos), Rosa Díez (UPyD) e Alfonso Rueda (secretario xeral do PPdeG) nunha manifestación convocada por Galicia Bilingüe a menos dun mes dos comicios. Rueda, como xefe de campaña, impulsaría a Feijóo a estrearse aquel ano como Presidente da Xunta de Galicia.

A partir do decreto de plurilingüismo, o que ata daquela era o mínimo de horas impartidas en galego pasou a constituír o máximo.

Aquela axitación cristalizou no decreto de plurilingüismo, que prescribe que a oferta de materias impartidas en galego e en castelán debe ser equilibrada en todas as etapas educativas agás Infantil, onde se prioriza a lingua materna predominante. É dicir, o que ata o momento era o mínimo de horas impartidas en galego pasou a constituír o máximo.

Os centros educativos son libres de configurar este reparto en moitas materias, se ben o decreto fixa que en Primaria debe darse en galego Coñecemento do medio natural, social e cultural e en castelán Matemáticas, e na ESO deben darse en galego Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía, e en castelán Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química, alén de desenvolver as materias de linguas na lingua correspondente. Ademais, posibilita a impartición en lingua estranxeira de ata un terzo das horas lectivas, en detrimento do galego e o castelán.

Polo que respecta aos libros educativos, o decreto establece que “os materiais e libros de texto das materias impartidas en galego e en castelán estarán redactados na lingua en que se imparta a materia” e que “a consellería competente en materia de educación fomentará a elaboración e publicación dos materiais curriculares correspondentes”. A realidade educativa, porén, non indica o mesmo.

Sen libros de texto en galego no Bacharelato

Á marxe das materias de linguas, no Bacharelato os centros educativos teñen liberdade para escoller o idioma vehicular con tal de que exista un equilibrio horario entre galego e castelán. Non obstante, de entre as tres áreas para as que na ESO o decreto fixa o castelán como lingua vehicular, só as matemáticas dispoñen de libro de texto en galego da mesma editorial para 1º e 2º de BAC, concretamente de Anaya. Este grupo tamén fornece unha guía didáctica de Física e Química para o primeiro curso de Bacharelato, pero se os docentes desexan empregar libro de texto na Física e na Química de segundo deben mudar de casa editorial e adoptar os manuais de Baía, malia que o aconsellable pola coherencia dos contidos sexa utilizar a mesma editorial nos dous niveis. De Tecnoloxía non hai libros en galego.

Esta situación contrasta coa anterior á promulgación do decreto de plurilingüismo. Cibrán Arxibai, profesor de Matemáticas, xestiona un blogue no que denuncia agravios contra o galego, Carta xeométrica, e outro de divulgación matemática, Retallos de matemáticas. Explica para O Salto Galiza que, antes, na súa área había libros “de Rodeira, de Santillana, de Anaya, de McGraw Hill... Podía haber dez ou doce facilmente” que publicasen en galego no Bacharelato.

Andrea Estévez, sindicalista da CUT que exerce como profesora de Xeografía e Historia, achaca a diminución da oferta a que, aínda que no Bacharelato o centro teña liberdade para decidir, “como ten que haber unhas porcentaxes”, a lóxica interna conduce a utilizar “o criterio de continuidade” con respecto á ESO no reparto lingüístico, o que reduce a demanda de material educativo nestas materias. A comparación coa área de Historia evidencia esta inercia: “En Historia en Bacharelato temos unha morea de libros en galego: de Historia, de Historia da Arte e de Xeografía. Hai porque é unha materia que como na ESO é en galego o habitual e dála en galego no Bacharelato”.

Para o xefe de edicións en galego de Tambre, o decreto marcou un punto de inflexión: “Nós pasamos de ter oferta a non ter nada en Bacharelato”.

Óscar Fontán, xefe de edicións en galego de Tambre (Grupo Edelvives), corrobora os efectos do decreto: “Perdemos moito mercado en galego e foi un pau bastante duro para as editoriais”. Cita o rexeitamento dalgúns docentes a empregar libros de texto e a redución do alumnado que cursa Bacharelato con respecto á ESO —algo que se intensificou nos últimos anos co impulso que tomou a matriculación nos ciclos de Formación Profesional— como factores que tamén minguan a rendibilidade de publicar en Bacharelato, pero para Fontán o decreto marcou un punto de inflexión: “Nós pasamos de ter oferta a non ter nada en Bacharelato”.

Desde a mesma casa, a asesora comercial de Tambre e Edelvives Matilde Caamaño precisa que a diminución da porcentaxe que se imparte en galego tamén afecta á oferta nas materias para as que non se define ningunha lingua vehicular na ESO, como as optativas, e atribúe a carencia de libros de texto á inacción da Xunta: “Por exemplo, hai unha materia de nova creación que se chama Psicoloxía. Como ten moi pouquiños alumnos, non vas atopar ningunha editorial que a faga en galego. Se tivésemos máis medios e apoio por parte da Xunta as editoriais galegas sacarían iso en galego. Non o sacamos porque non compensa”.

Estas circunstancias deixan para moitas materias ao profesorado ao que lle corresponda impartilas sen liberdade para elixir, en función da calidade ou o enfoque, os materiais curriculares que mellor se adapten: ou se acolle, no mellor dos casos, á única editorial que os publica ou debe ser o docente quen confeccione o seu material. “Nas optativas sempre hai oferta en español e é máis difícil que haxa en galego. Se dás en galego tes que engadirlle horas a facer ti o teu propio material didáctico. É unha sobrecarga de traballo ao profesorado que quere dálo en galego”, apostila Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística que traballa como profesor de Xeografía e Historia.

Desequilibrio lingüístico na ESO: protección para o castelán, trabas para o galego

Se un incentivo para que as editoriais oferten libros de texto en galego é a súa obrigatoriedade nalgunhas materias, xa que garante un maior mercado que naquelas de libre configuración, as materias para as que o Decreto 79/2010 fixa a impartición en galego representan unha carga horaria sensiblemente inferior á de castelán, idioma no que a oferta editorial non corre perigo.

Entre as materias comúns, aquelas que o decreto prescribe que se dean en galego suman 29 horas fronte a 39 en castelán.

Das 128 “horas” semanais que suman os catro cursos da ESO (32 períodos lectivos de 50 minutos por curso), 109 correspóndense con materias comúns. As 19 restantes son optativas: 1 hora en cada curso de Relixión Católica ou Proxecto Competencial, unha optativa de 3 horas en 3º de ESO e catro optativas de 3 horas en 4º. Entre as materias comúns, aquelas que o decreto prescribe que se dean en galego suman 29 horas, fronte a 39 en castelán e 16 en lingua estranxeira. No que respecta ás optativas, o alumnado podería engadir 3 horas de imperativa impartición en galego —Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO— fronte a 6 en castelán —Física e Química e Tecnoloxía de 4º de ESO— e 6 en lingua estranxeira —materia de segunda lingua estranxeira en 3º e 4º de ESO—.

Segundo o decreto, os centros educativos poden solicitar impartir en lingua estranxeira ata un máximo de 42 horas (33% do horario), pero isto deixaría 86 horas a distribuír equitativamente entre galego e castelán, algo que non sería posible para un estudante que curse as optativas de Física e Química e Tecnoloxía, xa que, tan só de materias con lingua vehicular fixada por decreto, xa estaría recibindo en castelán 45 períodos lectivos. Entre os de libre configuración lingüística cos que se debería compensar a balanza a favor do galego atópanse materias como Titoría ou Proxecto Competencial, nas que a adquisición de competencias lingüísticas é moito máis limitada.

Pero un informe da Mesa publicado no 2023 advirte que este desequilibrio se agrava nos 634 centros educativos acollidos a EDIXGAL, un programa da Xunta que empresta equipos portátiles con guías didácticas interactivas a alumnado de entre 5º de Primaria e 4º de ESO. O da plataforma é o único material de referencia do que pode dispoñer o alumnado, máis alá do que o profesorado confeccione. O estudo enfócase nos centros públicos nos que se imparte o Ensino Secundario Obrigatorio (CPI e IES), entre os que 178 de 303, un 59%, subscriben o programa.

“É un programa financiado pola Xunta con diñeiro público no que non hai editoriais galegas”, critica o presidente da Mesa. Só tres empresas teñen adxudicada a elaboración de materiais didácticos para EDIXGAL: o Grupo Planeta, a empresa de ferramentas dixitais de aprendizaxe Netex e a Editorial Edebé, pertencente á Congregación Salesiana. Das tres, só Edebé é unha editorial educativa. “Se a ti che pagan ben entras a concurso, pero se che van dar unha ridiculez non che interesa. Non está Xerais, non está Obradoiro, non estamos ninguén. Está Planeta porque ten un poderío dixital importante. A Xunta non está primando a calidade”, valoran desde Edelvives.

“Temos recibido moitas críticas de profesorado que di que hai moitos erros. En EDIXGAL a competencia é mínima, e atopas unha limitación de contidos en galego enorme”, comenta Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino e docente de Xeografía e Historia. Neste aspecto incide o informe da Mesa. Maceira denuncia que “é imposible que os centros cumpran co Decreto porque os materiais non están en galego en EDIXGAL. A medida que se introduce EDIXGAL desaparece o galego”.

A única posibilidade é que os docentes elaboren o seu propio material, para o cal segundo a CUT “non dan horas nin formación suficiente”. Bermello detalla que nos centros con EDIXGAL en teoría todo o material ten que estar dixitalizado, pero “hai moi pouca capacidade de que o profesorado faga os seus propios materiais, entón acábase recorrendo ás fotocopias”.

Das 25 horas semanais correspondentes a materias comúns de libre configuración lingüística, EDIXGAL ofrece cobertura exclusivamente en galego nunha hora, tanto en galego como en castelán en 8 horas, e só en castelán noutras 8. Quedarían sen cubrir as 4 horas de Titoría, ademais das 4 das que cada centro educativo dispón en 1º e 2º de ESO para incrementarllas ás materias comúns que estime oportuno.

En total, EDIXGAL pode aprovisionar materiais en castelán para un total de 74 horas semanais do itinerario dun estudante. Para o galego, isto redúcese a 45, o que non chega a cubrir as 56 horas que deberían darse neste idioma.

No que respecta ás materias optativas de libre configuración lingüística, EDIXGAL só cobre en galego a materia de Relixión Católica, para a cal tamén ofrece versión en castelán. Todo o demais está en castelán (unha optativa de 3º e seis de 4º) ou lingua estranxeira (Francés en 3º e 4º), ou ben carece de material (Proxecto Competencial, dúas optativas de 3º e tres de 4º).

En total, EDIXGAL pode aprovisionar materiais en castelán, dependendo das optativas escollidas, para un total de 74 horas semanais do itinerario dun estudante, ampliables a 78 en función das catro horas das que os centros dispoñen para engadir a outras materias. Para o galego, isto redúcese a 45, ampliables a 49 no mellor dos casos. Isto non chega a cubrir, nos centros nos que só impartan en lingua estranxeira as materias de lingua estranxeira (16 horas), o 50% dos 112 períodos lectivos restantes, é dicir, as 56 horas que deberían darse en galego. O contraste é aínda maior se se ten en conta que é frecuente que en castelán haxa varias opcións entre Planeta, Edebé e Netex, e en galego unha.

Todos os estudantes cursan polo menos 47 horas para as que EDIXGAL só fornece materiais en castelán, fronte ás 30 nas que unicamente o fai en galego (29 delas por decreto). Un estudante que elixa Cultura Clásica en 3º de ESO e Física e Química, Tecnoloxía, Economía e Música como optativas de 4º estaría cursando, como mínimo, 62 horas nas que EDIXGAL só proporciona material en castelán, superando as devanditas 56. O dato análogo para o galego serían 33 horas, para aquel alumnado que se decante pola Bioloxía e Xeoloxía de 4º.

Á marxe disto, outro efecto do programa é a restrición do mercado para as editoriais galegas, xa que, manifestan desde Edelvives, “nós non temos posibilidade de ofertar nos institutos que están dentro de EDIXGAL os nosos materiais”. Caamaño explica que a súa editorial proporciona libros de texto tanto en papel como en dixital para os centros educativos, segundo o formato no que prefiran traballar, pero naqueles acollidos a EDIXGAL “os ordenadores xa veñen cun contido, non poden traballar con outras licencias doutra editorial”.

As editoriais afiliadas á Asociación Nacional de Editores de Libros y material de Enseñanza (ANELE) moven o 90% do mercado estatal de libros educativos. Nos informes publicados por ANELE correspondentes aos cursos que van do 2014/2015 ao 2020/2021, a asociación inclúe o número de libros de texto publicados en papel e en formato dixital desde Infantil ata Bacharelato e FP desagregado por idiomas. Se ben a tendencia a poñer en circulación a versión dixital para cada publicación en papel fai que cada vez haxa maior oferta dixital en galego e castelán, no tocante ao papel os datos de ANELE indican que a oferta de libros educativos en castelán se mantén constante mentres que a de galego decae, pasando de superar os 1.200 exemplares no 2014/2015 a non acadar os 900 no último curso da serie.

Incumprimentos e consecuencias do decreto: o borrado do galego noutras ensinanzas

Se hai unha ensinanza na que se vulnera sistematicamente o equilibrio lingüístico que marca o decreto é a Formación Profesional. Andrea Estévez, da CUT, só recorda, cando impartiu unha materia de historia na FP básica do ámbito lingüístico, atopar un libro de Xerais para o primeiro curso: “Tiñamos que utilizar editoriais españolas con libros en español. Non hai profesorado específico de FP básica: cae un alí porque lle tocou. Entón todo o mundo acode aos libros, e os libros aí si que están practicamente todos en castelán”.

A mesma versión sostén Suso Bermello, da CIG: “Na FP, o 50% dos módulos en galego non o verás nin tolo. Hai algúns ciclos cunha presenza relativamente alta de galego, pero podes empezar un ciclo formativo, acabalo nos dous anos, e igual se tiveches sorte un profe tiña materiais en galego. Pero é rarísimo. O normal é que teñas todo en castelán, pero todo, todo. E o que ten que ver coa FP a distancia xa é un escándalo. Aí xa case é imposible atopar materiais en galego”.

Polo que el coñece, na práctica o decreto incúmprese con frecuencia, a miúdo a favor do castelán: desde profesores que imparten en castelán materias con material en galego ata webs de centros concertados nas que figura que o alumnado debe utilizar libros de texto en castelán para materias de forzosa impartición en galego.

Pero a inclinación da balanza a favor do castelán, de acordo con Matilde Caamaño, da editorial Tambre, parte da base. Concretamente da Educación Infantil. “Non lles ensinan en galego. Chegan a 1º de Primaria e non saben que un oito é un ocho. Entón, como hai un nivel baixísimo, ao final quítase tamén o libro de galego das listaxes de libros de texto en 1º, porque ‘estes nenos non dan’. É o que che din”.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estableceu no 2012 que debe ser a Administración quen fixe a lingua na que se desenvolve a Educación Infantil, anulando así o apartado do decreto que prevía facelo mediante preguntas ás familias. Pero esas enquisas chegaron a facerse antes do ditame e seguen usándose de referencia.

Segundo un informe do 2017, en Santiago de Compostela o 100% de centros de Infantil conta con materiais didácticos en castelán e en inglés, fronte a un 29% en galego.

Segundo un informe da Mesa do 2017 elaborado a partir de entrevistas a 941 centros públicos e privados de Infantil, nun 64% de centros situados en núcleos de poboación inferiores aos 5.000 habitantes predomina o galego sobre o castelán. Pero nestes núcleos só reside o 16% da poboación galega. Se imos ao extremo oposto, nos núcleos urbanos por riba de 50.000 habitantes, nos que habita un 36% da poboación, o 39% de centros consultados utilizaba exclusivamente o castelán como lingua de aprendizaxe, e un 33% facíao maioritariamente, fronte a un 29% en situación de equilibrio ou maioritariamente en galego.

No referido ao material didáctico, o 100% de centros de Infantil consultados para o estudo dispoñía del en castelán para calquera intervalo de poboación. En calquera tramo por riba dos 5.000 habitantes a presenza de materiais en inglés era maior ca en galego. Nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o 94% tiña material en inglés e só un 47% en galego. En Santiago de Compostela a porcentaxe era do 100% con materiais en castelán e inglés fronte a un 29% en galego.

De acordo cos datos máis recentes do Instituto Galego de Estatística (IGE), o 24% dos nenos de 5 a 14 anos sabe falar galego pouco ou nada, e un 74% fala máis castelán ca galego, mentres que a situación nos maiores de 65 é a inversa. Un informe da RAG apunta ao Decreto 79/2010 como unha posible causa deste proceso de castelanización.

 “Eu estou vendo por exemplo no meu centro da Estrada que cada vez hai menos rapaces que falan en galego e que se desenvolven ben. Sobre o 2000 ou 2005 practicamente todos eles falaban en galego e hoxe en día ao mellor é só a cuarta parte”, valora Cibrán Arxibai. Forma parte dos profesores que se declararon en rebeldía contra o decreto: “Eu seguiría pedindo a todo o mundo que non lle faga caso ao decreto e que siga dando as clases en galego, porque é un desastre como está a situación”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Educación
Educación Mensajes subliminales de la innovación pedagógica
En educación, como en todo lo demás, necesitamos menos publicidad emocional enmascarada y más debate racional
Opinión
Educación Pública ¡Qué mal nos enseñaron la historia y qué mal la enseñamos ahora!
El currículo académico de la asignatura de Geografía e Historia de la secundaria andaluza le da poco espacio a la reflexión y a conocer la realidad de la historia.
Tribunal Constitucional
Pulso al fascismo El Constitucional tumba un recurso de Vox y avala la Ley Zerolo de igualdad de trato
La sala tumba por mayoría un recurso de inconstitucionalidad presentado contra la ley integral para la igualdad de trato y la no discriminación que, entre otros aspectos, prohíbe la financiación pública de centros educativos que segregan por sexos.
Catalunya
Catalunya La Ley de Amnistía echa a andar: más de 55 requerimientos presentados y hasta diez días para responderlos
Las partes —fiscalías, acusaciones y defensas— deberán dar respuesta a la norma, valorando si el caso se ubica dentro o fuera. El primer meollo se ubica en los ministerios públicos, por lo que el fiscal general del Estado ha solicitado neutralidad.
Partidos políticos
Partidos políticos Díaz se postula para seguir haciendo “política de la buena” y no se borra de candidata a las generales
La vicepresidenta tercera del Gobierno asegura que “no se va” del espacio político de Sumar. Izquierda Unida llama a un frente amplio y su coordinador cree que hay que superar el personalismo de Díaz para abrir una nueva etapa.
Francia
Francia El último bandazo del temerario Macron reactiva la unidad de la izquierda
Tras el batacazo en las europeas, el presidente francés abre las puertas a un Gobierno ultra convocando elecciones legislativas anticipadas. Un escenario que empuja a los partidos de izquierdas a reanudar su coalición unitaria.
Cómic
Ángel de la Calle “La obra más importante de arte contemporáneo del siglo XX son las Madres de Plaza de Mayo”
La novela gráfica ‘Pinturas de guerra’, firmada por Ángel de la Calle, recrea las experiencias artísticas y armadas que, desde el exilio, sobrevivieron al horror de las dictaduras militares latinoamericanas. Esta primavera ha vuelto a las librerías.
Opinión
Opinión Una hipocresía sin límites
¿Cómo se logra instalar el discurso del genocida? ¿Cómo se puede creer en la falacia de que el colonizador se defiende del colonizado?
Análisis
Análisis Europa, muérete rápido, o ¿debe Europa cosaquizarse?
La Unión Europea ha presentado en estas elecciones su peor cara al mundo: un continente que se adentra en su invierno demográfico, intelectualmente un pantano, a cuyas orillas vive una población presa de una frustración y rencor.

Últimas

Comunidad El Salto
Comunidad El Salto Las cuentas de El Salto 2023-2024: cada vez más, un gran medio financiado por la gente
El Salto supera el millón de euros anuales de ingresos y aumenta su plantilla hasta llegar a las 28 personas empleadas. Todo eso con criterios éticos de financiación, funcionamiento horizontal y una cooperativa de propiedad colectiva.
Opinión
Extrema derecha Alvise, Milei, Llados y el fracaso de la política para ofrecernos un futuro
La falta de expectativas, la precariedad y el descrédito de las instituciones y del periodismo impulsa a los monstruos que se alimentan de la desesperación y la desinformación.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Los desahucios crecen el 12,4% a pesar de la moratoria y el escudo social
En los tres primeros meses del año se produjeron 82 desahucios por día. Los desalojos por no poder pagar el alquiler suponen siete de cada diez. En este tiempo solo se registraron 563 juicios verbales por ocupación ilegal, según datos del CGPJ.
Más noticias
Comunidad El Salto
Diseño gráfico Que la fuerza creativa te acompañe: descubre la nueva web de Edita, la agencia de diseño gráfico de El Salto
Hablamos de nuestra “espada láser” de la creatividad: Edita. Poco lo hacemos para lo clave que ha sido en las distintas fases de nuestra existencia como medio y qué mejor ocasión que el estreno de su nueva web para recordarlo.
Unión Europea
Elecciones europeas Iparralde sucumbe a la extrema derecha
VV.AA.
El partido Agrupación Nacional de Marine Le Pen se ha impuesto en la mayoría de pueblos de Lapurdi, Zuberoa y Nafarroa Behera en las elecciones europeas
Elecciones
Elecciones europeas Yolanda Díaz deja sus cargos orgánicos de Sumar tras el descalabro de las europeas
Los malos resultados de Sumar en la noche electoral del 9 de junio llevan a la líder de Sumar a dejar todos sus cargos en el partido. Seguirá como vicepresidenta del Gobierno.
Fútbol
Deporte y negocio Florentino Pérez y el Manchester City o cómo aprendí a dejar de preocuparme y amar el fútbol
Manchester City, Real Madrid y Barcelona entienden que las normas de la UEFA o las ligas nacionales limitan su capacidad de generar ingresos, y buscan cambiar las estructuras bajo las que ha funcionado el fútbol en las últimas décadas.
Tribuna
Tribuna Antigitanismo al desnudo: la silla vacía en el Parlamento Europeo
Doce millones de personas de la UE ven vulnerado el derecho fundamental más elemental en democracia: el derecho a la representación política.

Recomendadas

Palestina
Palestina Palestina más allá del reconocimiento
El anuncio sobre el reconocimiento del Estado de Palestina por parte de España constituye un paso considerable, pero no está acompañado de la adopción de otras medidas necesarias para su consolidación efectiva.
Genocidio
Reino Unido Un barrio acampado contra el genocidio
Las vecinas del municipio londinense de Hackney plantaron las primeras tiendas hace algo más de un mes. Perseverando fuera de los campus, echan su pulso particular para que las autoridades municipales rompan con Israel.
Ejército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN)
30 años del levantamiento del EZLN Los retos del zapatismo hoy: cárteles, gobierno y militarización
En el tercer artículo de la serie de “30 años del levantamiento del EZLN”, el autor hace un recuento de la extraordinaria militarización de Chiapas y de cómo la narcoviolencia se hizo presente en este Estado del sureste mexicano
Estados Unidos
Keeanga-Yamahtta Taylor “La vivienda es un tema extremadamente político”
La profesora universitaria Keeanga-Yamahtta Taylor considera que la falta de una regulación eficaz en materia de vivienda en Estados Unidos obedece a la gran influencia del capital privado en las decisiones del gobierno.