Cine
Numax: xanelas para un cinema periférico

Mimosas, de Óliver Laxe, é o último filme distribuído por Numax. Cinema a contracorrente que se abre camiño desde abaixo.

15 mar 2017 14:48

Na Galiza contamos cun total de 175 pantallas que proxectan filmes simultaneamente, cunha media de tres sesións por pantalla ao día. Poderiamos pensar que estas cifras dan lugar a unha oferta diversa, mais non é así. No 2015, o 57% da exhibición estaba ocupada por cine dos USA e as distribuidoras con máis recadación eran estadounidenses.

Neste mercado copado por grandes multinacionais, que espazos hai para olladas diferentes? Pese ás dificultades, agroman pequenas iniciativas que tentan facer un oco á diversidade, como a cooperativa Numax, en Santiago de Compostela.

Recentemente apostaron pola aventura de distribuír Mimosas, de Óliver Laxe, na procura de xanelas para outro cinema de autor. Conversamos con Ramiro Ledo, responsábel de Numax Distribución.

Que vos levou a lanzarvos á distribución cinematográfica?
Vimos que era un espazo que nos apetecía traballar, porque é moi gratificante sentir que estás contribuíndo a que un determinado tipo de produtos cinematográficos cheguen ao público. Os primeiros que traballamos eran filmes de anos atrás que estaban aínda sen estrear, e notamos que criabamos un interese por eles, que a xente os pedía, que traíamos á luz cousas que xa existían mais que, por como funciona o mercado, non tiñan moitas posibilidades de circular.

Existe algún convenio entre as salas que exhiben cinema independente? Algo que garanta que os filmes que distribuídes cheguen a un número determinado de pantallas?
Non. Con cada filme comezas desde cero. Levamos estreados catro filmes. Hai cinemas que se interesaron polos catro, outros que se interesaron só por algúns, e outros que non se interesaron por ningún. A cousa flutúa moito. Depende de moitos factores: da época do ano, de se coincide con estreas mais potentes… E temos que construír nós a imaxe gráfica, o cartel, o subtitulado, os trailers…; ofrecer entrevistas, contactar cos medios, pagar as insercións publicitarias… Todo un traballo de marketing moito máis serio e esixente do que nun comezo pensábamos que era. E que ten un custe. Adiantamos un diñeiro coa esperanza de recuperalo, pero todo isto ten un risco moi importante.

Non existe ningún tipo de política de apoio estrutural —ou con vontade de permanencia no tempo—, como poderían ser as axudas máis vinculadas á produción
Existe algún tipo de política por parte da administración autonómica para a distribución de cinema independente?
No caso galego non existe ningún tipo de política de apoio estrutural —ou con vontade de permanencia no tempo—, como poderían ser as axudas máis vinculadas á produción. Non hai nada para exhibición/distribución de cinema propiamente dito, un problema que vén de longo, pois a propia lei do cinema ten estes apartados infraredactados, se non directamente ausentes. No caso do apoio á exhibición independente, delega completamente a responsabilidade do seu desenvolvemento ás comunidades autónomas.

Existe unicamente o programa Cinemas de Galicia, no que a propia AGADIC selecciona unha serie de traballos con produción maioritaria galega e de cinema europeo doutros países, que se distribúen en España logo de acordos coas distribuidoras. Este é un catálogo que está dispoñíbel para os centros socioculturais e os concellos que queiran.

Os Estados da UE que nos circundan —e dentro do Estado español, en Catalunya e en Euskadi— si que están apoiando a exhibición e a distribución independentes e fomentando a versión orixinal subtitulada: hai axudas para tipos distintos de obras audiovisuais, por filme distribuído, para o subtitulado en idiomas propios…

En Portugal, hai apoio directo ás distribuidoras por estrear un filme europeo ou de autor. En Francia, teñen un sistema do que sempre se fala, porque é un modelo que teñen moi desenvolvido; incluso distinguen entre filme de repertorio, de vangarda, de estrea comercial, etc.

Noutros lugares existen axudas ao cinema independente, porque se entende que así se contribúe a visibilizar traballos que van ter unha cota de pantalla moi inferior ao do cinema dos USA ou incluso a moito cinema do propio país.

Nós subtitulamos os filmes ao galego. No noso caso, temos un acordo con Política Lingüística que nos permite anualmente subtitular cinco filmes dos que exhibimos. Estaría ben que os filmes que nós distribuímos en Galiza se proxectasen en galego, mais ninguén o quere facer. E nós, como distribuidora, non podemos obrigar as exhibidoras a facelo.
Estaría ben unha liña de pensamento, traballando desde o institucional, que permitise garantir e mellorar as condicións de acceso ao cinema de autor e independente
Pensas entón que debería haber unha especie de discriminación positiva?
Si, estaría ben unha liña de pensamento, traballando desde o institucional, que permitise garantir e mellorar as condicións de acceso ao cinema de autor e independente, con cotas de pantalla non dominantes e en versión orixinal. Falo dunha serie de valores que se deberan entender como básicos na conformación dunha sociedade madura.

Ese pensamento debérase plasmar en leis que dean idea do que se quere facer como sociedade, e en particular, pois é o noso campo de traballo, no relativo ao acceso a este tipo de cinema.

No caso da distribución de Mimosas, de Óliver Laxe, tivestes un pequeno éxito. Como o valorades?
Estamos satisfeitos. Superou xa os 10.000 espectadores, unha recadación de 60.000 euros en todo o Estado. Da recadación os cinemas levan a súa parte e logo hai que cubrir todo o investimento que fixemos en publicidade, mais cubrimos todos os custes e quedamos cun pouco de ganancia. Veremos como quedou a cousa cando fechemos as contas do filme. Todo isto axuda a consolidarnos e é unha moi boa nova.

É o primeiro filme —en todos traballamos para tentar cubrir os custes—, no que sucede isto. Tamén é certo que Mimosas era un filme que tivo máis repercusión internacional, gañou o premio da semana da crítica do Festival de Cannes e iso axudou a valentía para apostar economicamente mais forte por el.

Tendo en conta que todas as copias se estrearon en versión orixinal árabe con subtítulos, penso que marcará un precedente para moitas salas, nas que de seguro superou as expectativas coas que confiaron no filme, para ben. Porén, estou seguro de que podería ter acadado moita máis difusión cun mínimo de apoio, e esperamos que estes resultados poidan achegar máis confianza a este tipo de traballos, nos que a produción propia galega está acadando a meirande repercusión internacional da súa historia.

Existen outros exemplos comparábeis a Numax na distribución no Estado español? Como é a relación con eles?
Hai proxectos como Capricci, está Márgenes, está El Sur, está Betta, Cine Binario que son unha cooperativa que traballan en Andalucía… Hai un montón de distribuidoras. Hai algunhas que son pequeniñas, do tamaño da nosa máis ou menos. Antes de abrir isto, pensábamos traballar como exhibidores con sete ou oito distribuidoras, e ao final estamos traballando con cincuenta. Aprendemos moito. Miras como traballan eles e tentas facer ás veces o mesmo, ás veces cousas distintas.

Que botariades en falta por parte das administracións?
Precisamos unha reflexión que non sexa tan simplista como dicir “este é un filme pequeno en versión orixinal e que non lle interesa a ninguén” ou “é un filme cunha vocación industrial de partida que vai triunfar”, que son basicamente os dous criterios que se empregan á hora de analizar o cinema como produto da industria cultural.

Hai xente que ten que botar moitos anos na procura de recursos, agardando para poder facer o seu filme. Se houbese algo que puidese facer posíbel que se acurtasen eses prazos, esa xente podería facer máis filmes.

Habería que valorizar que hai un cinema independente de autor que non é un cinema nin precario, nin que ten vocación de gueto. É preciso crear unhas estruturas que axuden a que consiga ter visibilidade. É beneficioso para todos que se articulen mecanismos que permitan amosar unha gran variedade de produtos culturais. É tamén fundamental que a TVG aposte claramente polo cinema independente na súa programación.

Poderíamos dicir que o sector da distribución é importante para o tecido do audiovisual na Galiza?
É que un filme como Mimosas foi producido por unha produtora afincada na Coruña, onde factura e paga os seus impostos. E Numax é unha empresa de Santiago, que ten sete socios e que paga dez salarios. Todos vivimos aquí, xeramos toda a facturación e toda a riqueza aquí e traballamos desde aquí para o resto do Estado. Ou sexa, que somos unha pata mais do tecido cultural galego, por suposto, e contribuímos á súa visibilización tanto en Galiza como fóra.

Penso que é difícil tamén que se pensen a distribución e a exhibición independente en serio, sen termos grandes exemplos previos. Porque nós tivemos que armar isto desde cero e apañar referentes legais doutros países onde existía algo parecido.

Para construír a sala de proxeccións, tivemos que recorrer a un libro de referencia, que é francés, e descubrimos, outra vez, que en España é onde non existe unha normativa específica sobre iso.

Quero dicir, paréceme até certo punto normal que non se pensara algo ou que non se desenvolvera sequera, porque non é que non houbera iniciativas —en Galiza hai cousas mais illadas, mais nunca se traballou só en versión orixinal, por exemplo—, mais eran iniciativas diferentes e non había exemplos onde mirarnos. Eu penso que agora existe a oportunidade de acceder a un mundo que pode ser novo e que tamén é unha oportunidade para avanzar partindo do noso exemplo.

Archivado en: Galicia Cine
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O Teleclube
O teleclube A desaparición de Paula é a protagonista do décimo terceiro episodio de 'O Teleclube'
Sonia Méndez estréase nas longametraxes de ficción con 'As Neves' un filme no que seguimos a un grupo de adolescentes e o por que dunha perda.
Cine
Obituario Roger Corman, rey de la serie B, administrador de la cultura ‘freak’ (y sus sesgos)
El autor de ‘El péndulo de la muerte’ dirigió un buen número de películas reivindicables y produjo algunas joyas peculiares dentro de sus pequeños imperios del cine ‘low cost’.
Cine
Cine y vivienda ¿Dónde están los desahucios en las películas españolas?
Con excepciones señaladas como ‘En los márgenes’ o ‘Antidisturbios’, el conflicto de la vivienda sigue ausente de las ficciones que aspiran a retratar nuestro presente.
Italia
Derechos a la salud ¿Se hunde la sanidad pública en Italia? Los ricos se saltan la cola
La desinversión en sanidad de los últimos años ha conducido a una carencia de profesionales sanitarias y a la proliferación de servicios de urgencias privados, en los que se paga para sortear las largas esperas que afectan a los centros públicos.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Euskal Herria
Euskal Herria El ‘Triángulo de las Bermudas’ de los fondos Next Generation engulle la transición ecosocial
Cubren el 18% de la inversión de Mercedes en Araba: 185 de 1.000 millones de euros para empezar a fabricar furgonetas eléctricas al alcance de bolsillos pudientes. Los Next Generation están condicionados a contrarreformas y una deuda mutualizada.
Palestina
Genocidio España reconoce el Estado palestino y reafirma su amistad con Israel a pesar del genocidio en Gaza
Pese a que el gesto de España, Irlanda y Noruega ha sido bienvenido por las autoridades palestinas, la última semana ha puesto en evidencia la voluntad sionista de arrasar con cualquier posibilidad de un Estado palestino real.
Sumar
Propuesta de Sumar España es uno de los siete países de la Unión Europea sin prestaciones universales para la crianza
Todos los países del norte y el centro de la Europa de los 27 tienen ayudas para la crianza, que van desde los casi 50 euros mensuales en Eslovaquia, Letonia y Bulgaria a la 'Kindergeld' de Alemania (250 euros) y los 373 euros de los Países Bajos.

Últimas

Bebés robados
Bebés Robados La ley de bebés robados vuelve al Congreso por tercera vez
Siete años después de su primera entrada en la cámara, la propuesta de ley para la investigación del robo de bebés durante el franquismo y los primeros años de la democracia será tramitada de nuevo gracias a la lucha de las asociaciones.
Actualidad LGTBIQ+
Derechos LGTBI+ Las asociaciones LGTBI+ dejan la organización del Gay Games en València
La Fundació València Diversitat, Lambda, Avegal y Dracs acusan a PP y Vox de secuestrar el proyecto y de aplicar políticas de recorte de derechos LGTBIQ+.
Opinión
Opinión Brutalismo supremacista libertariano
Reflexiones sobre la cumbre de Madrid en la que se reunieron los líderes mundiales del capitalismo gore y formación del Anthropos 2.0.
Genocidio
Genocidio La Unión Europea convocará a Israel para evaluar el acuerdo preferencial por la violación de derechos humanos
El Consejo de la Unión Europea envía una señal de advertencia al régimen de Netanyahu después de que la Corte Internacional de Justicia pidiera el fin inmediato de la campaña de exterminio en Rafah.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza Israel desobedece a la CIJ y provoca una nueva masacre en un campo de refugiados de Gaza
Tres días después de que la Corte Internacional de Justicia ordenase a Tel Aviv detener los ataques, el ejército de Israel bombardea una “zona humanitaria” y asesina al menos a 50 palestinos.
Genocidio
Lucha contra el genocidio Acampada en la Universidad Complutense: las esporas del 15M que han germinado por Palestina
Estudiantado organizado de manera asamblearia que ya suma 500 tiendas de campaña desafía al consejo de rectores madrileños y promete resistir hasta que se rompan relaciones con Israel.
Mugimendu Sozialista
Mugimendu Sozialista Bernardo Atxaga y Joseba Sarrionandia censuran el veto a GKS en las txosnas de Bilbao y Gasteiz
Los escritores se adhieren a una lista de 150 artistas, entre los que están Fermin Muguruza o Itziar Ituño, para reclamar que “la participación en las fiestas populares sea un derecho universal”
Sidecar
Sidecar Nación favorecida: anatomía del vínculo anglo-estadounidense
El lento crecimiento económico de la economía británica registrado desde 2008 contrasta con el vertiginoso aumento de los beneficios obtenidos en el país por las empresas tecnológicas estadounidenses.

Recomendadas

Inteligencia artificial
Inteligencia artificial IA y crisis climática: las grandes tecnológicas escogen España para instalar sus gigantescos centros de datos
El boom de la IA ha disparado las necesidades de computación de los centros de datos y su consumo de agua. Las grandes tecnológicas buscan nuevas regiones para instalarlos. España entre ellos.
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.
Memoria histórica
Eduardo Pérez “Quería recordar a las mejores generaciones que han pasado por España”
El periodista Eduardo Pérez, colaborador habitual de El Salto, firma ‘Contigo empezó todo’ un libro que rescata 30 momentos estelares de la otra historia de España, olvidada, silenciada y vilipendiada por el relato oficial.
Albania
Turistificación La otra cara de la Riviera Albanesa
La apuesta del Gobierno albanés de poner el futuro económico en manos del sector turístico está llevando a una masificación del sector que se traduce en la degradación del medio ambiente y un fuerte encarecimiento de la vivienda.