Cine
Miguel Anxo Fernández: “Se fas cine e non podes amosalo, miralo, exhibilo, non existe”

Entrevistamos a Miguel Anxo Fernández, escritor, crítico cinematográfico e membro da Academia Galega do Audiovisual, para indagar no estado de saúde da distribución da produción cinematográfica galega.

Miguel Anxo Fernández
Miguel Anxo Fernández, membro da Academia Galega do Audiovisual Héctor Barandela
23 may 2017 12:51

No número 0 do Salto Galiza entrevistamos a Ramiro Ledo sobre a cooperativa de exhibición/distribución cinematográfica Numax, e preguntabamos se nun mercado copado polas grandes multinacionais estadounidenses hai espazo para olladas diferentes. Agora, para a plataforma web do Salto, entrevistamos a Miguel Anxo Fernández, escritor, crítico cinematográfico e membro da Academia Galega do Audiovisual, para indagar no estado de saúde da distribución da produción cinematográfica galega.

Cal é a situación do sector da distribución cinematográfica en Galiza, en relación co cinema propio?
Historicamente en Galiza, desde comezos do século XX, sempre tivemos distribuidoras acorde con cada tempo e en función do propio desenvolvemento do sector cinematográfico. Pero se temos que escoller unha singularidade, desde os anos cincuenta do pasado século, habería que citar o caso de Baños Films, en Vigo, desde primeira hora unha distribuidora comprometida co cine galego. Foi quen de mover Sempre Xonxa ou Urxa desde 1989, e aínda segue en activo, traendo material e distribuíndo cine galego. Traballa co gran circuíto comercial de pantallas, pero tamén con iniciativas como o programa alternativo Cinemas de Galicia, promovido pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais). Este programa consiste nunha rede pública de pantallas (dez na actualidade), e funciona en colaboración con concellos e cineclubs para chegar a vilas onde non hai salas comerciais abertas e proxectar un cine alternativo ou minoritario. E cando digo minoritario, no actual contexto do mercado, meto no mesmo saco a todo aquel non estadounidense.

Existen políticas institucionais de apoio para a distribución do cine galego?
As políticas públicas no campo audiovisual hai que entendelas enmarcadas dentro dunha normativa europea que todos os países teñen que gardar. Europa lexislou para o fomento e difusión do audiovisual propio, e hai programas de axuda, como o Programa Media, na miña opinión quizais un tanto complexos en canto a funcionalidade, pero que pretenden fomentar as colaboracións entre os diferentes países, entre outras modalidades, facendo circular filmes de forma conxunta e coordinada. Galiza e o seu cine entraría nese circuíto conxunto europeo, onde se estableceu unha cota de pantalla para as producións propias, nacionais ou do resto de Europa, do 25%, e este é o marco onde competimos co cine producido no resto do Estado e o da Unión Europea.

O cine galego ten o mesmo problema que o español ou o europeo: a competencia estadounidense. As multinacionais copan, máis ou menos, o 70% do mercado
O cine galego ten o mesmo problema que o español ou o europeo: a competencia estadounidense. As multinacionais copan, máis ou menos, o 70% do mercado. E cómpre ter en conta tamén que a exhibición é un negocio. Un exhibidor privado, sexa explotador dunha sala ou sexa un gran circuíto, non é unha ONG. Ao final necesitan cadrar as súas contas, recoller beneficios. E, por desgraza, as contas non as cadras cun filme de Oliver Laxe ou de Patiño, que fan cine con vocación autoral. As contas cádranas con mainstream como Os Catro Fantásticos ou a última de Spielberg, para entendernos. Por fortuna, hai excepcións a mimar e a espallar, como o caso da sala Numax en Compostela ou de salas independentes como os Multicines Norte de Vigo.

Como calquera administración europea, a Xunta, a través da AGADIC, contempla políticas de estímulo e axudas á produción, de longametraxes, curtas, series de televisión, en fin, o espectro total audiovisual. Pero isto non é suficiente, e aquí atopámonos con que o sector audiovisual galego ten un problema, extensible ao resto da creación cultural: a empatía coa sociedade que o acolle. Se fas cine e non podes amosalo, miralo, exhibilo, non existe. Ti xa podes ter creadores contando historias con imaxes, que se esas imaxes non chegan ao público para que teña oportunidade de valoralo e desfrutalo é coma se non existise. Para iso, crean o mencionado programa difusor Cinemas de Galicia, onde entra practicamente todo o cinema galego xunto a unha escolla de filmes maioritariamente europeos e doutros países. Pode que iso non arranxe o problema, pero é unha moi boa axuda, sobre todo conforme vaia estendéndose a máis pantallas.

Existe realmente un público interesado en ver cinema galego? Como se pode ampliar, reforzar ou crear este público?
Somos o país que somos, e cómpre ter en conta a nosa situación demográfica, cunha poboación moi envellecida. Para máis, quen asiste maioritariamente ao cine é a xente menor de 40-35 anos. Por iso cómpre relativizar as cifras. O mesmo acontece noutros eidos da expresión cultural como as artes plásticas ou o teatro, literatura, mesmo a música… As cifras son de risa… Ao mellor o problema está no compromiso e na resposta do cidadán ante a súa propia cultura, non o sei. É un tema vello, pode que estrutural.

Regresando ao cine, en primeiro lugar para ter un público galego cómplice coa produción propia, deberá poder acceder a ela. Hai posibilidades para isto? Pois si, temos a TVG, unha parte importante da súa grella é audiovisual 100% galego. Tamén temos a ferramenta difusora da rede, pero na rede cómpre ter en conta a fenda dixital, iso da banda larga… en fin, non son un experto niso. Pero nin a TVG, nin Cinemas de Galicia, bastan para crear este público. É preciso comezar pola formación, nas escolas, educar no audiovisual desde a infancia. Velaí Francia, onde un neno de 10 anos xa coñece os clásicos e tamén os códigos da narrativa audiovisual. Pero o da formación e a sensibilización, vai para a cultura en xeral… Por que non se le en galego? Por que non se ve teatro galego? Por que non se escoita música galega? É unha pescada que morde a cola. No caso concreto do cine, non hai unha grande produción de cinema galego porque non hai unha resposta popular masiva, non hai público porque non lle chega o cinema galego que se fai… O problema é de enorme complexidade…

Atopo que en Galiza hai cada vez menos apego a facturar imaxes no idioma propio, cando é un dos trazos diferenciais da nosa cultura
Unha das figuras sobresaíntes do chamado “novo cinema galego” é Oliver Laxe, cineasta que naceu en París, formouse en Barcelona e roda filmes en Marrocos… A día de hoxe que entendemos por cinema galego?
Amentades a bicha, que se diría. O caso de Oliver é unha excepción feliz e responde ao que chamariamos multiculturalidade. Case o deixaría á marxe da miña reflexión, porque atopo que en Galiza hai cada vez menos apego a facturar imaxes no idioma propio, cando é un dos trazos diferenciais da nosa cultura. Un país non existe sen lingua… Ao mesmo tempo comprendo que un filme precisa un financiamento plural para un mercado globalizado, o que conduce cada vez máis a coproducións internacionais como Migas de Pan ou a propia Mimosas, de Laxe. É unha necesidade do audiovisual a nivel global, pois hoxe un produtor á marxe dos Estados Unidos, atopa dificultades para afrontar só determinadas producións. Tamén en Galicia. Isto non é malo en si, mesmo para evitar o risco de endogamia cultural e permitirnos ser máis competitivos.

E a lingua, que? Estamos nun vello debate de conclusión difícil. Neste mundo globalizado, que é, que entendemos por cinema propio? Téñoo moi claro: a lingua é chave para nós. Unha oportunidade para o noso cine está na desaparición da dobraxe, sen por iso terminar con este sector, de moita utilidade no medio televisivo. Simplemente que unha película poida ser proxectada en galego no mercado internacional, subtitulada na lingua de cada país. Como calquera cine nacional, pois tampouco imos negar que as voces orixinais forman parte do traballo artístico de cada actor cos seus personaxes. Por fortuna, a actual dixitalización das pantallas axuda neste camiño. Basta cun clic para que poidamos ver un filme coas voces orixinais e as lendas que elixamos. Para máis e mellor, o público cada vez está máis acostumado a ver contidos en versión orixinal.

Se botamos unha ollada polos panoramas estatísticos elaborados polo Consello da Cultura Galega, atopamos cifras moi dispares que van desde os case 17 millóns de euros de 2009, até os menos de 200.000 euros no 2013, cousa que entendemos cando comprobamos que no 2009 estreouse Celda 211, que foi un éxito de público. Contabilizámola como galega pola participación da produtora Vacafilms, pero no fondo non deixa de ser unha película española. Non son cifras irreais, que non indican a verdadeira saúde da nosa produción?
Transmitir a imaxe dun audiovisual inflado nas recadacións é unha arma con retroceso… Citas a Vacafilms, unha empresa galega punteira que fai coproducións, mesmo internacionais, e está plenamente integrada no sistema español. Roda na versión orixinal en castelán, ou en inglés, susceptibles de dobrarse ao galego. E regresamos ao problema do negocio, e ás contradicións propias: as cifras dan máis espectadores a unha película galega cando se estrea en castelán que na súa versión orixinal en galego… Pero hai que contextualizar os datos. Se non hai industria como tal no cine español, pois malamente a imos ter nós… Pero no actual contexto da globalización, quizais haxa outras fórmulas a explorar no noso audiovisual, como que aquí, por poñer un exemplo, poidamos facer a mestura de son dun produto, pero a post-produción de imaxe teñamos que facela fóra porque sae máis barato. No caso da animación xa se fai cousa parecida.

Que máis se pode facer desde a Administración para o fomento da nosa produción audiovisual?
Entendo que te refires a que se pode facer a prol dunha mellor difusión. Nese punto hai unha alternativa que non me desagrada: mercar pantallas comerciais nas cidades e vilas galegas onde xa existen salas de exhibición convencionais. Imaxina, negocias cun complexo de multisalas e mercas unha sala por tres meses, pero co tempo repartido ao longo do ano, para ir alternando estreas de cine galego. Necesítase presuposto, naturalmente, pero así garantes para unha película galega unha difusión equivalente ou maior do que unha estadounidense. Un “puntazo” para o galego. E aí é onde ten que estar o noso cine, estrear a ese nivel, sacalo do gueto e da súa condición marxinal. O paso de Cinemas de Galicia é un chanzo cara iso, polo que estamos mellor que hai cinco anos, que non é pouco.

Archivado en: Cine
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

O Teleclube
O teleclube A desaparición de Paula é a protagonista do décimo terceiro episodio de 'O Teleclube'
Sonia Méndez estréase nas longametraxes de ficción con 'As Neves' un filme no que seguimos a un grupo de adolescentes e o por que dunha perda.
Cine
Obituario Roger Corman, rey de la serie B, administrador de la cultura ‘freak’ (y sus sesgos)
El autor de ‘El péndulo de la muerte’ dirigió un buen número de películas reivindicables y produjo algunas joyas peculiares dentro de sus pequeños imperios del cine ‘low cost’.
Cine
Cine y vivienda ¿Dónde están los desahucios en las películas españolas?
Con excepciones señaladas como ‘En los márgenes’ o ‘Antidisturbios’, el conflicto de la vivienda sigue ausente de las ficciones que aspiran a retratar nuestro presente.
Turismo
Vivienda y turismo De Canarias a Baleares pasando por Cantabria: la lucha por la supervivencia en los archipiélagos del turismo
Las movilizaciones contra los pisos turísticos, la masificación y un modelo enfocado al turismo que ha chocado con sus límites recorren todo el territorio español.
Euskal Herria
Euskal Herria El ‘Triángulo de las Bermudas’ de los fondos Next Generation engulle la transición ecosocial
Cubren el 18% de la inversión de Mercedes en Araba: 185 de 1.000 millones de euros para empezar a fabricar furgonetas eléctricas al alcance de bolsillos pudientes. Los Next Generation están condicionados a contrarreformas y una deuda mutualizada.
Ocupación israelí
ACUERDOS CON ISRAEL Un grupo de la UPV/EHU colabora en un proyecto europeo con un centro israelí vinculado al genocidio
QUENCH es una colaboración científica con el Israel Institute of Technology, que desarrolla los bulldozers teledirigidos usados en las demoliciones de casas palestinas.
Bebés robados
Bebés Robados La ley de bebés robados vuelve al Congreso por tercera vez
Siete años después de su primera entrada en la cámara, la propuesta de ley para la investigación del robo de bebés durante el franquismo y los primeros años de la democracia será tramitada de nuevo gracias a la lucha de las asociaciones.
Italia
Derechos a la salud ¿Se hunde la sanidad pública en Italia? Los ricos se saltan la cola
La desinversión en sanidad de los últimos años ha conducido a una carencia de profesionales sanitarias y a la proliferación de servicios de urgencias privados, en los que se paga para sortear las largas esperas que afectan a los centros públicos.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.

Últimas

Sumar
Propuesta de Sumar España es uno de los siete países de la Unión Europea sin prestaciones universales para la crianza
Todos los países del norte y el centro de la Europa de los 27 tienen ayudas para la crianza, que van desde los casi 50 euros mensuales en Eslovaquia, Letonia y Bulgaria a la 'Kindergeld' de Alemania (250 euros) y los 373 euros de los Países Bajos.
Actualidad LGTBIQ+
Derechos LGTBI+ Las asociaciones LGTBI+ dejan la organización del Gay Games en València
La Fundació València Diversitat, Lambda, Avegal y Dracs acusan a PP y Vox de secuestrar el proyecto y de aplicar políticas de recorte de derechos LGTBIQ+.
Opinión
Opinión Brutalismo supremacista libertariano
Reflexiones sobre la cumbre de Madrid en la que se reunieron los líderes mundiales del capitalismo gore y formación del Anthropos 2.0.
Genocidio
Genocidio La Unión Europea convocará a Israel para evaluar el acuerdo preferencial por la violación de derechos humanos
El Consejo de la Unión Europea envía una señal de advertencia al régimen de Netanyahu después de que la Corte Internacional de Justicia pidiera el fin inmediato de la campaña de exterminio en Rafah.
Más noticias
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza Israel desobedece a la CIJ y provoca una nueva masacre en un campo de refugiados de Gaza
Tres días después de que la Corte Internacional de Justicia ordenase a Tel Aviv detener los ataques, el ejército de Israel bombardea una “zona humanitaria” y asesina al menos a 50 palestinos.
Genocidio
Lucha contra el genocidio Acampada en la Universidad Complutense: las esporas del 15M que han germinado por Palestina
Estudiantado organizado de manera asamblearia que ya suma 500 tiendas de campaña desafía al consejo de rectores madrileños y promete resistir hasta que se rompan relaciones con Israel.

Recomendadas

Inteligencia artificial
Inteligencia artificial IA y crisis climática: las grandes tecnológicas escogen España para instalar sus gigantescos centros de datos
El boom de la IA ha disparado las necesidades de computación de los centros de datos y su consumo de agua. Las grandes tecnológicas buscan nuevas regiones para instalarlos. España entre ellos.
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.
Memoria histórica
Eduardo Pérez “Quería recordar a las mejores generaciones que han pasado por España”
El periodista Eduardo Pérez, colaborador habitual de El Salto, firma ‘Contigo empezó todo’ un libro que rescata 30 momentos estelares de la otra historia de España, olvidada, silenciada y vilipendiada por el relato oficial.
Albania
Turistificación La otra cara de la Riviera Albanesa
La apuesta del Gobierno albanés de poner el futuro económico en manos del sector turístico está llevando a una masificación del sector que se traduce en la degradación del medio ambiente y un fuerte encarecimiento de la vivienda.