Boxeo
Chamarémolo Cassius Clay

Esa mañá xa lera varias veces o xornal da Nación do Islam, aínda así, colleuno outra vez da mesa para verificar que entendera ben nas lecturas anteriores. “Quitámoslle o nome de Allah ata que demostre que é digno dese apelativo”. Tirou o xornal ao chan e, coa cabeza entre as mans e os cóbados sobre os xeonllos, quedou pensando que faría agora. Sen campionato. Afastado do cuadrilátero. Con causas xudiciais pendentes e agora, incluso, sen nome.

Ali 1
Foto arquivo: Dutch National Archives, The Hague, Fotocollectie Algemeen Nederlands Persbureau (ANEFO).
31 may 2020 08:00

Martin Luther King foi un activista polos dereitos civís que, desde mozo, organizou e levou a cabo diversas actividades reclamando o dereito ao voto, a non discriminación e outros dereitos básicos para a xente negra dos Estados Unidos. Entre as súas accións máis lembradas están o boicot á compañía de buses de Montgomery, despois da negativa de Rosa Parks a ceder o seu asento nun bus, en 1955; o seu apoio á fundación da Southern Christian Leadership Conference, en 1957; e o liderado da Marcha sobre Whashington polo Traballo e a Liberdade, en agosto de 1963, ocasión na que pronunciaría o seu famoso discurso “I have a dream”. En 1964 Luther King recibiu o Premio Nobel da Paz. Durante estes anos iría medrando por todo Estados Unidos unha conciencia pública a prol do movemento dos dereitos civís. Durante o mandato de Lyndon Jonhson, despois do asasinato a John Fitzgeral Kennedy, a maior parte dos dereitos reclamados polo movemento serían aprobados, polo menos sobre o papel, coa promulgación da Lei de dereitos civís de 1964 e a Lei de dereito de voto de 1965.

Nesas mesmas datas, aproximadamente o 25 de febreiro de 1964 un mozo Cassius Clay obtivo, contra todo prognóstico, o título mundial tras vencer ao temido campión Sonny Liston. “Son mozo, fermoso, rápido e ninguén pode vencerme. Traguen as súas palabras! Son o Rei do Mundo!”. Dixo ese día Clay que, apoiado no Convention Hall de Miami Beach por Malcolm X, se converteu desde un primeiro momento nun campión incómodo para a América branca e racista. Non pasaron nin 24 horas e ao día seguinte anunciou a súa conversión e ingreso na Nación del Islam, ademais da renuncia a usar o seu apelido, porque Clay era un apelido de escravo. O 6 de marzo adoptou o nome definitivo de Muhammad Ali, que significa 'o amado de Deus'. Nome que moitos estadounidenses, incluíndo os medios de comunicación, negáronse utilizar durante anos. O rexeitamento cara as súas opinións e “o mal exemplo que daba”, xunto a outros intereses comerciais, levou a unha das asociacións (a AMB, Asociación Mundial de Boxeo) a desposuír a Ali do título só un mes despois de conquistalo. Polo tanto, nesas datas mantiña os títulos do CMB e a NYSAC.

“Traguen as súas palabras! Son o Rei do Mundo!”. Dixo ese día Clay que, apoiado no Convention Hall de Miami Beach por Malcolm X, se converteu desde un primeiro momento nun campión incómodo para a América branca e racista

No caso de que o título cambiara de dono, os representantes de Ali e Liston xa acordaran que habería un desquite, como así foi. O segundo enfrontamento foi programado para novembro de 1964, pero adiouse porque Ali tivo unha operación para tratar unha hernia. Trala operación, estaba prevista a súa celebración en Boston, pero os organizadores tiveron problemas coa licenza para celebrar o combate na cidade, finalmente foi en Lewiston (Maine), no pequeno auditorio de St. Dominic's Hall o 25 de maio de 1965. Ese recinto tiña escasa capacidade, o que provocou que o combate albergara a 2.434 espectadores, a menor cantidade na historia para un combate polo título mundial. Na previa do combate, e como no seu primeiro encontro, Ali tamén asegurou que para ese combate: “flotaría como unha bolboreta, e picaría como unha avespa”. Float like a butterfly, sting like a bee; unha frase que repetiría ao longo da súa carreira.

A badalada soou e o segundo enfrontamento entre Liston e Ali iniciou co retador lanzando jabs á cabeza de Ali, combinados de cando en vez con golpes ao corpo. Durante un minuto e medio Ali evadiu o ataque dando voltas arredor de Liston. E aí chegou o inesperado, Sonny Liston atacou á esquerda, Ali esquivouno e rapidamente contraatacou cun golpe na testa, xusto na tempa. Liston caeu ao chan, de golpe, e librou de ser rematado por outro golpe ao caer. Nese intre, fóra do ring no St. Dominic's Hall, Neil Leifer, fotógrafo que traballaba para a revista Sports Illustrated, aproveitou a súa colocación e inmortalizou a Ali coa man dereita a media altura e postura desafiante, mentres Liston estaba na lona, aparentemente durmido: “Levanta e pelexa, cabrón!”. En xullo de 1999 a imaxe de Leifer foi escollida para a portada de Sports Illustrated dunha edición especial que tiña como título: “As mellores imaxes deportivas do século XX”.

Ali 2
Momento do KO a Sony Liston no seu segundo combate con Ali en 1965. Foto arquivo: John Rooney - AP

O referee Joe Walcott non coordinara o tempo transcorrido co encargado de levar o cronómetro. Cando o fixo, pasaran xa uns trece segundos. Liston púxose en pé e semellaba que ambos volverían ao combate; pero Walcott foi informado de que o cronometrador contabilizara máis de dez segundos o tempo que Liston estivera no chan. En consecuencia, Walcott parou o combate e proclamou a Ali gañador no primeiro asalto. O enredo provocou que o combate fora un dos máis polémicos da historia do boxeo. O golpe decisivo de Ali sería coñecido como “a man pantasma”, porque case ningún espectador viu en directo o impacto no corpo de Liston. Teorías alleas ao combate especularon sobre a influenza da mafia en ambos encontros, para que Liston os perdera e gañar así nas apostas. Tamén, dixeron que houbo ameazas á vida de Muhammad Ali, xa que Malcolm X —que rachara a relación de amizade co campión— fora asasinado no mes de febreiro dese ano. Houbo quen dixo, ademais, que Liston recibira unha visita dos musulmáns negros da Nación do Islam antes do combate, visita na que proferiron ameazas contra a súa vida. Calquera sexa o caso, ou ningún deles, a conduta de Liston aparentaba que non desexaba continuar o combate.

Inicialmente Ali non contaba co apoio do líder da Nación do Islam, Elijah Muhammad, pero por estas datas, Elijah Muhammad converteuse nun pai para Ali. Nun primeiro momento, incluso, o líder dos musulmáns negros non amosou demasiado entusiasmo cando o boxeador anunciou o seu ingreso á organización. Esta desconfianza era porque Elijah Muhammad pensaba que o mundo do deporte e das apostas eran prexudiciais para os afroamericanos. Pero esta situación mudou despois dos dous combates contra Liston, xa que por esas xa era imposíbel ignorar o atractivo de Ali. Así o fillo de Elijah, Herbert Muhammad, converteuse no manager e fundou Main Bout Inc. para ser a compañía promotora da carreira de Ali, aínda que a Nación do Islam afirmaba que non estaba vinculada cos negocios do flamante campión.

De volta coa súa carreira boxística, o 22 de novembro de 1965, na súa segunda defensa do título, Ali enfrontou a Floyd Patterson, ex campión mundial dos pesos pesados. Naqueles días, Ali estaba en conflito cos medios de comunicación, debido a unhas polémicas declaracións en contra do cristianismo e a integración racial. Pola súa parte, Patterson insistía en chamarlle polo seu antigo nome, Cassius Clay, e proclamaba que “devolvería o título mundial aos Estados Unidos”. As declaracións enfadaron a Ali, quen chamou a Patterson “Tío Tom”, entre outras ofensas. O combate foi no Convention Center das Vegas, con vitoria para Ali por nocaut técnico no décimo segundo asalto. O campión, en pleno combate vociferáballe a Patterson: “Cal é o meu nome, parvo?”, mentres lanzaba golpes, polo que Ali gañou os asubíos do público que considerou irrespectuoso o seu comportamento.

Patterson insistía en chamarlle polo seu antigo nome, Cassius Clay, e proclamaba que “devolvería o título mundial aos Estados Unidos”. As declaracións enfadaron a Ali, quen chamou a Patterson “Tío Tom”, entre outras ofensas

En 1964 Ali fora descartado nas probas de alistamento por ser disléxico pero en febreiro de 1966, en plena Guerra de Vietnam e ante a necesidade de efectivos, a US Army reclasificou ao púxil nunha categoría que lle obrigaba a pasar polas Forzas Armadas. De volta coa súa carreira no ring, a terceira defensa do título, Ali enfrontou ao canadense George Chuvalo. As conversas para o combate comezaron en 1963, pero Ali declinou a proposta porque Chuvalo amosaba estar na súa plenitude de forma nese tempo. Finalmente o evento aconteceu en Toronto, Canadá, o 29 de marzo de 1966 e foi gañado por Ali tras quince asaltos por decisión unánime, quince rounds nos que Chuvalo atacou constantemente o corpo de Ali, que puido impoñer a súa velocidade e fortaleza; aínda que no último asalto Chuvalo foi quen de conectar golpes fortes na cabeza de Ali que o puxeron en risco de ser noqueado. Hai quen dixo que neste combate Chuvalo revelou as chaves para vencer ao invicto campión Ali: pelexar na curta distancia, non dar oportunidade de descanso e golpear no corpo e con forza cada vez que existise ocasión.

Para a cuarta defensa do título, Muhammad Ali e Henry Cooper atopáronse por segunda ocasión, foi o 21 de maio de 1966 no estadio do Arsenal en Londres. Esa noite, un total de 45.973 espectadores asistiron ao combate, que xerou gran interese no Reino Unido. Porén, outra vez Ali acabou lesionando o arco superior do ollo esquerdo de Cooper e o combate debeu ser parado polo árbitro no sexto asalto, era a vixésimo cuarta vitoria consecutiva de Ali. Ese mesmo ano de 1966, Ali sostivo tres combates en defensa do seu título mundial: outra vez en Londres, Inglaterra, esta para enfrontar a Brian London a quen derrotou por nocaut no terceiro asalto; en Fráncfort, Alemaña, contra Karl Mildenberger con vitoria por nocaut técnico no décimo segundo asalto. Este combate tivo a particularidade de converterse no primeiro evento deportivo transmitido vía satélite e con sinal en color; posteriormente enfrontou a Cleveland Williams en Houston, Texas, a quen gañou por nocaut técnico no terceiro asalto e no que por primeira vez amosou o seu famoso xogo de pés que tomaría por nome 'Ali Shuffle'.

Ali 3
Muhammad Ali ao comezo dun combate. Foto arquivo: Thomas Hoepker.

Durante todo o 1966 houbo sucesivas alegacións de Ali contra a decisión de declaralo apto para o servizo militar, tentou evitar a chamada a filas, alegando razóns de conciencia debido á súa relixión, pero só conseguiu algún aprazamento para que puidera defender o seu título. Ali comezou considerar que existía unha persecución na súa contra e reaccionou expresando que non compartía os obxectivos do seu país en Vietnam. “Non teño ningún problema cos Vietcongs”, chegou dicir nunha entrevista a un xornalista. “Eles nunca me chamaron nigger”. Nesas mesmas datas Marthin Luther King comezou dicir que o sistema xeraba profundas desigualdades económicas, endurecendo o seu discurso, incorporou apelacións explícitas á loita de clases e pediu unha redistribución do poder, unha “xustiza compensatoria” para rectificar as consecuencias sobre a poboación negra de xeracións de exclusión e desposesión. Desde a primavera de 1967, ese compromiso a favor da causa dos pobres coincidiu, ademais, cun enérxico rexeitamento á guerra de Vietnam, e a brutalidade dunha contenda que chamaba aos negros a sacrificarse por unha suposta democracia que eles “nunca experimentaran”.

Na súa carreira no ring, no ano 1967, Ali subiría ao cuadrilátero para combater contra Ernie Terrell, o 6 de febreiro, en Houston pola reunificación del título mundial, xa que Terrell era o campión da AMB. Ali e Terrell pasaran un período de tempo adestrando xuntos no ximnasio de Angelo Dundee da rúa Cinco de Miami Beach en 1962, e compartiran habitación nun hotel só para negros. Eran coñecidos e amigos, incluso Terrell durmira algunha vez na casa dos Clay. Nun acto de promoción previo ao combate, Terrell chamou a Ali Cassius Clay, ao que Muhammad respondeu chamando a Terrell Tío Tom, un insulto baseado no protagonista da novela “A cabana do Tío Tom”, que xogaba coa idea dun estereotipo de personaxes resignados que non loitaban contra a escravitude ou a segregación. Era, sen dúbida, o insulto que máis podía ofender a alguén de raza negra nesas datas. “Non tes dereito a chamarme Tío Tom”, respondeu Terrell. Ali saltou cara el, e acabaron encerellados durante varios segundos diante das cámaras de televisión.

O día do combate Ali rematou dando unha marimba sen piedade a Terrell (2). Durante o transcurso do combate, unha e outra vez Ali espetaba a pregunta: “Cal é o meu nome?”, despois de lanzar algún golpe. Esa noite Ali gañou por decisión unánime, despois de 15 rounds de castigo continuo e cruel. A prensa indicou que Ali non deixara de retroceder para evitar noquear a Terrell. Incluso houbo quen falou dun plan malévolo de Ali para facer sufrir a Terrell. Anos despois Ali chegou dicir “esa noite estiven mal”, aínda que o que quedou claro para todo o mundo é que desde entón habería que chamarlle polo seu nome musulmán. O 22 de marzo de 1967, nun combate con pouca importancia aparentemente, Ali estivo fronte a Zora Folley no Madison Square Garden de Nova York e obtivo o triunfo por nocaut no sétimo asalto.

Nun acto de promoción previo ao combate, Terrell chamou a Ali Cassius Clay, ao que Muhammad respondeu chamando a Terrell Tío Tom, un insulto baseado no protagonista da novela “A cabana do Tío Tom

O 28 de abril de 1967 (3), e trala negativa do Tribunal Supremo a concederlle un novo aprazamento para a incorporación a filas, Muhammad Ali presentouse no centro de adestramento do exército en Houston. Permaneceu inmóbil, calado, sen facer caso dos requirimentos do oficial de alistamento. Oficial que repetía, unha e outra vez, que sería condenado por desertor, pero el non abandonou a súa postura. O campión non respondeu como Cassius Clay, tampouco como Muhammad Ali. Unha negativa que foi vista como unha falta de patriotismo por moitos norteamericanos. Ese mesmo día, a Comisión Atlética de Nova York quitoulle o título mundial e a licenza de boxeo. Dous meses despois, o 20 de xuño de 1967, Ali foi condenado a cinco anos de cárcere polo Tribunal Federal de Houston. Retiráronlle o pasaporte.

Comezou así un longo camiño para Ali lonxe do boxeo. Sempre que lle preguntaron, evitou retractarse, convencido de que cando puidese boxear recuperaría a súa condición de campión e a súa coroa “que non puido arrebatar ninguén”. Non foi encarcerado pero pasou por liberdade condicional baixo fianza, e moitos recursos de apelación. Presentou recursos, primeiro nun tribunal de Houston, despois nun de Nova Orleans. Cando as sentenzas ratificaron a condena, recorreu ao Tribunal Supremo dos Estados Unidos. Nesas datas comezou a viaxar polos Estados Unidos para facer conferencias en escolas e universidades. Quizais nese momento, unha parte da sociedade estadounidense, cada vez máis contraria á guerra de Vietnam, comezou entender a Muhammad Ali. Ese cambio no humor social fixo que a xente, incluso branca, comezase reivindicar a figura de Ali.

Martin Luther King chegou a Memphis (Tennessee) un mércoles 3 de abril de 1968 (4) para apoiar unha folga dos traballadores da recollida do lixo, maioritariamente negros. Esa noite dixo que pronto acadarían a “Terra prometida”. Ao día seguinte, pola tarde, Luther King saíu ao balcón da súa habitación no hotel Loraine, nese intre un só disparo acabou con su vida. Tiña 39 anos. O suposto asasino, un home branco, fuxido de prisión, chamado James Earl Ray. Cando a súa morte foi coñecida, a rabia e a violencia propagáronse por todos os Estados Unidos en forma de disturbios por máis dun centenar de cidades, quizais foi o amargo final dun tempo de soños e esperanzas.

Deportes
O odio que produce o odio

“Son América. O pedazo que vostedes non recoñecen, mais deben acostumarse a min. Son negro, enfonchado, seguro de min mesmo. É a miña relixión, o meu nome, non o de vostedes”. Un Xúpiter de ébano, con 18 anos, acaba de saír dun restaurante do East-End de Louisville, Kentucky. Negáranse a servirlle pola cor da súa pel, recomendándolle que volvese a África. Doíalle a man pola dereita recta que lle deu á porta ao saír, pero máis lle doía a alma.

Por outra banda, a vontade pétrea de Ali de retomar a súa carreira no boxeo enfadou a Elijah Muhammad, que o viu como comprometer as súas crenzas relixiosas por diñeiro e, tamén, polo entretemento do home branco. Como consecuencia, a Nación do Islam suspendeu a Muhammad Ali durante un ano. No seu xornal, Muhammad Speaks, publicou un comunicado sobre a suspensión: “O señor Muhammad Ali ten sangue deportiva. O señor Muhammad Ali deséxao en contra do que o Santo Corán nos ensina. O señor Muhammad Ali quere un lugar nese mundo do deporte. Encántalle. Non se lle recoñecerá ao señor baixo o nome santo de Muhammad Ali. Chamarémolo Cassius Clay (5). Quitámoslle o nome de Allah ata que demostre que é digno dese nome”. Esta declaración foi emitida o 4 de abril de 1969. A suspensión da Nación do Islam derrubou o ánimo de Ali, que non só estaba afastado do boxeo, senón que o seu nome fora rebocado de novo a Cassius Clay. O 3 de febreiro de 1970, superado pola situación, Muhammad Ali convocou unha rolda de prensa para anunciar que deixaba o boxeo. Aproximadamente, un ano despois do comunicado, Ali finalmente regresou á Nación do Islam e recuperou o nome de Muhammad Ali.

Con todo, durante o resto de 1970 houbo varias tentativas de Ali para levantar a prohibición legal de boxear. En setembro dese ano, un xuíz federal de Texas sostivo que a suspensión era “arbitraria e irrazoábel”. Ata o momento da retirada forzosa Ali tiña un récord de 29 vitorias sen derrotas, 22 delas por nocaut. Non volvería combater en tres anos e medio, ata que chegou outubro de 1970. Si, pero esa é outra historia.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.
Países Bajos
Racismo La extrema derecha holandesa llega al poder explotando el desencanto
Al conseguir por primera vez liderar un Gobierno, Geert Wilders ha consumado la conquista del centro político que la ultraderecha holandesa emprendió hace dos décadas.
Análisis
Análisis AI Act: un reglamento nuevo para afianzar el orden racial y colonial de siempre
La nueva normativa de Inteligencia Artificial establece una “regulación paralela” en función de quienes son las personas afectadas, algo observable en los usos que se prevén en contextos fronterizos y policiales.
#73993
10/11/2020 23:14

GRACIAS POR PONER ESTE ARTÍCULO DE BOXEO ,YO ME AFICIONÉ AL BOXEO GRACIAS A JOSÉ LEGRÁ ,CASSIUS CLAY ,JOSÉ MANTEQUILLA NÁPOLES Y NINO BENVENUTTI .🇺🇸🇪🇸🇲🇽🇲🇽🇨🇺👍👏

1
0
#76093
5/12/2020 12:08

Yo me aficioné al boxeo gracias a que vi boxear aca en Mexico,yo soy hijo de exiliados españoles,a José Mantequilla Nápoles .A José Legrá lo vi en la plaza de toros monumental de Monterey ganarle la corona de campeón del mundo de peso pluma a mi paisano Clemente Sanchez en el 10 º round que venia de ganarle de Tokio esa misma corona al japonés Kuniaki Shibata en solo 3 rounds.

1
0
Turismo
Vivienda y turismo De Canarias a Baleares pasando por Cantabria: la lucha por la supervivencia en los archipiélagos del turismo
Las movilizaciones contra los pisos turísticos, la masificación y un modelo enfocado al turismo que ha chocado con sus límites recorren todo el territorio español.
Palestina
Acampadas pro palestinas La Universidad de Sevilla y la Universitat de València rompen relaciones con Israel
La acampada de la Universidad Politécnica de València sufrió ayer un intento de desalojo fallido y el centro ha cancelado la feria de empleo prevista para hoy por la presencia de la protesta.
Euskal Herria
Euskal Herria El ‘Triángulo de las Bermudas’ de los fondos Next Generation engulle la transición ecosocial
Cubren el 18% de la inversión de Mercedes en Araba: 185 de 1.000 millones de euros para empezar a fabricar furgonetas eléctricas al alcance de bolsillos pudientes. Los Next Generation están condicionados a contrarreformas y una deuda mutualizada.
República
Movilización en Madrid Izquierda Unida, Podemos y más de cien organizaciones apoyan la marcha republicana del 16 de junio
Promovida por ateneos republicanos, la marcha republicana acumula más de cuatro mil firmas de apoyo y quiere cortocircuitar los fastos del décimo aniversario de la coronación de Felipe de Borbón.
Italia
Derechos a la salud ¿Se hunde la sanidad pública en Italia? Los ricos se saltan la cola
La desinversión en sanidad de los últimos años ha conducido a una carencia de profesionales sanitarias y a la proliferación de servicios de urgencias privados, en los que se paga para sortear las largas esperas que afectan a los centros públicos.

Últimas

Ocupación israelí
ACUERDOS CON ISRAEL Un grupo de la UPV/EHU colabora en un proyecto europeo con un centro israelí vinculado al genocidio
QUENCH es una colaboración científica con el Israel Institute of Technology, que desarrolla los bulldozers teledirigidos usados en las demoliciones de casas palestinas.
Bebés robados
Bebés Robados La ley de bebés robados vuelve al Congreso por tercera vez
Siete años después de su primera entrada en la cámara, la propuesta de ley para la investigación del robo de bebés durante el franquismo y los primeros años de la democracia será tramitada de nuevo gracias a la lucha de las asociaciones.
Sumar
Propuesta de Sumar España es uno de los siete países de la Unión Europea sin prestaciones universales para la crianza
Todos los países del norte y el centro de la Europa de los 27 tienen ayudas para la crianza, que van desde los casi 50 euros mensuales en Eslovaquia, Letonia y Bulgaria a la 'Kindergeld' de Alemania (250 euros) y los 373 euros de los Países Bajos.
Sphera
Sphera Vídeo: ¿Qué nos jugamos en políticas de igualdad en las próximas elecciones europeas?
El Parlamento Europeo aprobó hace unas semanas una directiva sobre violencia contra las mujeres. Las políticas públicas contra las violencias machistas son un asunto sobre el que las instituciones europeas pueden incidir. Pero hay otros.
Más noticias
Actualidad LGTBIQ+
Derechos LGTBI+ Las asociaciones LGTBI+ dejan la organización del Gay Games en València
La Fundació València Diversitat, Lambda, Avegal y Dracs acusan a PP y Vox de secuestrar el proyecto y de aplicar políticas de recorte de derechos LGTBIQ+.
Opinión
Opinión Brutalismo supremacista libertariano
Reflexiones sobre la cumbre de Madrid en la que se reunieron los líderes mundiales del capitalismo gore y formación del Anthropos 2.0.
Genocidio
Genocidio La Unión Europea convocará a Israel para evaluar el acuerdo preferencial por la violación de derechos humanos
El Consejo de la Unión Europea envía una señal de advertencia al régimen de Netanyahu después de que la Corte Internacional de Justicia pidiera el fin inmediato de la campaña de exterminio en Rafah.
Ocupación israelí
Genocidio en Gaza Israel desobedece a la CIJ y provoca una nueva masacre en un campo de refugiados de Gaza
Tres días después de que la Corte Internacional de Justicia ordenase a Tel Aviv detener los ataques, el ejército de Israel bombardea una “zona humanitaria” y asesina al menos a 50 palestinos.

Recomendadas

Inteligencia artificial
Inteligencia artificial IA y crisis climática: las grandes tecnológicas escogen España para instalar sus gigantescos centros de datos
El boom de la IA ha disparado las necesidades de computación de los centros de datos y su consumo de agua. Las grandes tecnológicas buscan nuevas regiones para instalarlos. España entre ellos.
Unión Europea
Fronteras La ultraderecha prepara su asalto al Parlamento Europeo capitalizando el discurso antiinmigración
Las encuestan apuntan a una mayor representación en la Eurocámara de los dos espacios políticos de extrema derecha, mientras los países que demandan un endurecimiento del Pacto de Migración y Asilo son mayoría.
Memoria histórica
Eduardo Pérez “Quería recordar a las mejores generaciones que han pasado por España”
El periodista Eduardo Pérez, colaborador habitual de El Salto, firma ‘Contigo empezó todo’ un libro que rescata 30 momentos estelares de la otra historia de España, olvidada, silenciada y vilipendiada por el relato oficial.
Albania
Turistificación La otra cara de la Riviera Albanesa
La apuesta del Gobierno albanés de poner el futuro económico en manos del sector turístico está llevando a una masificación del sector que se traduce en la degradación del medio ambiente y un fuerte encarecimiento de la vivienda.